Igual

O mércores, 14 de decembro, a Biblioteca de Secundaria do CPI Cabo da Area acolleu o obradoiro “Micromachista, eu?”, da man do contacontos Felipe Díaz (Caxoto), que recreou para o alumnado de 3º e 4º ESO diversos relatos sobre a igualdade de xénero e as actitudes machistas que aínda proliferan na sociedade actual. Caxoto combinou o humor coa ironía e a reflexión crítica para convidar aos estudantes a rexeitar comportamentos que favorezan a desigualdade en calquera dos ámbitos da vida.

A actividade foi programada polos departamentos de Lingua Galega e Lingua castelá, en colaboración cos grupos de traballo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do centro, que desexan expresar o seu agradecemento a Felipe Díaz por compartir co alumnado do noso CPI o seu saber e creatividade.