mobilidades

O consorcio KA101 “SBlendid” no que partipan as EOIs galegas abrangue en total oito mobilidades a 7 países diferentes nas que participarán un total de 42 persoas. Estas mobilidades comprenden:

  • Cursos estruturados

  • Estancias de observación

  • Eventos de formación

ESTADÍA DE OBSERVACIÓN EN VIENA CON ZLI PH WIEN

A terceira estadía de Jobshadowing desenvolveuse en Viena no Zli PH Wien onde o equipo sBlendid tivo a oportunidade de afondar nos seguintes aspectos da man de Paula Strasser:

  • Coñecer a investigación recente en #blearning

  • Descubrir a formación en dixitalización na #FLL e #EIS

  • Explorar a práctica de docentes de linguas.

Os/as protagonistas da estadía foron os/as docentes Sonia Espiñeira, Marco Vélez, Sonia Fernández e Diana Pastoriza. Podes consultar máis abaixo os apuntamentos visuais que recollen os contidos máis relevantes dos obradoiros realizados:









Apuntamentos visuais

Diana Pastoriza Espasandín para Zli PH Wien

Apuntamentos visuais

Diana Pastoriza Espasandín para Zli PH Wien

ESTADÍA DE OBSERVACIÓN EN PORTO COA UNIVERSIDADE DE PORTO

A segundo país visitado polo equipo sBlendid durante o curso 2021-22 foi Portugal, en concreto a cidade de Porto, onde se desenvolveu un proceso de observación na Universidade de O Porto. Para a difusión desta mobilidade creáronse unha serie de 7 vídeos denomionados #CAFI_SBLENDID #7dias7voces onde as docentes vistantes compartiron as súas experiencias: Grazas Deidre Murphy, Sonia Rosales, Natalia Paz, Diana Pastoriza e María José Veiga, Irina Monteagudo e Mónica Millán por compartir os coñecementos adquiridos.

Preme nas imaxes para visualizar os vídeos ou bota unha ollada ao cancelo #7dias7voces en Twitter.









ESTADÍA DE OBSERVACIÓN EN FLORENCIA CON TEACHER ACADEMY

A primeira estadía de observación do Proxecto #CAFI_SBLENDID desenvolveuse en Florencia en colaboración con Teacher Academy. O obxectivo desta actividade era analizar e observar de primeira man as prácticas docentes desta institución cunha longa tradición no ámbito do ensino semipresencial. David Baroni foi o anfitrión que abriu a actividade e a continuación as compañeiras Begoña Suárez (EOI de Pontevedra), Ruth Vázquez (EOI de Ourense ) presentaron o proxecto.

A experiencia foi moi satisfactoria como se pode ver nas instantáneas que acompañan a esta crónica:

Presentamos o proxecto #CAFI_SBLENDID @CAFIgalicia @eoi_pontevedra

@EOI_Vigo @EoiOurense #EOIMonforte