FOrmación e proxectos europeos

FORMACIÓN PARA O PROXECTO KA104 sBlendid

O termoAprendizaxe mixtaé a traducción de Blended learning (B-Learning) e fai referencia a un itinerario formativo que combina a presencialidade coa aprendizaxe a distancia a través dunha plataforma virtual. Os principios metodolóxicos nos que se basea son en parte, os da Aula Invertida (en inglés Flipped Classroom), na que o alumnado ten acceso directo aos contidos situándose no centro da aprendizaxe. Durante as sesiones asíncronas, o alumnado desenvolve un traballo previo na aula virtual (ex. visualizar un vídeo, leer un artigo ou iniciar un proxecto) ao que daremos continuidade durante as sesións presenciais nas que se priorizará a interacción e o debate. Namentres, a persoa docente facilita e guía o proceso.

O obxectivo do proxecto sBlendid é fornecer ao profesorado de EOIs de formación de calidade para abordar o ensino mixto, e por iso desenvolvemos numerosas actividades formativas: webinarios, cursos, xornadas.... bota unha ollada:

O ITINERARIO SEMI: UNHA RUTA FORMATIVA SOBRE A SEMIPRESENCIALIDADE

O curso NILE realizado en decembro de 2020 a primeira experiencia formativa ao abeiro do proxecto #CAFI_SBlendid e o berce do deseño dun itinerario formativo para o profesorado de EOI e de EPA composto de catro cursos. Esta ruta de formación foi creada por oito docentes de diferentes EOI galegas, participantes no curso, lideradas por dúas asesoras do CAFI (Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza) dende xaneiro ata agosto de 2021 e afonda no ensino semipresencial a partir de catro piares que o alicerzan: a plataforma dixital, o acompañamento e a autonomía do alumnado, e a avaliación. A primeira edición dos cursos foi posta en marcha durante o ano escolar 2021-2022 de xeito simultáneo en Aragón, Galicia, Navarra e Madrid e están previstas edicións futuras:

  • Conectar dous mundos a través da aula virtual: O curso fornece estratexias para a creación dunha contorna de aprendizaxe amigable, eficaz e colaborativa adaptada á modalidade semipresencial.

  • Acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe: O curso afonda nas estratexias e protocolos de monitorización, así como recursos de retroalimentación propios da modalidade, para acompañar ao alumnado na súa aprendizaxe.

  • Fomentar a autonomía do alumnado: O curso desvela as estratexias para aprender a aprender.

  • Convertir a avaliación no motor da aprendizaxe: O curso afonda nas vantaxes e retos da avaliación na modalidade semipresencial e fornece ferramentas de avaliación continua e formativa para a modalidade.

No primeiro curso do Proxecto realizáronse dous cursos estruturados aos que asistimos de maneira virtual. Consulta os contidos dos cursos:

CURSO TEACHER PASS ACADEMY

WEBINARIOS SBLENDID

Todos os webinarios que amosamos están publicados no canal de Youtube do CAFI GALICIA, pero aquí vos deixamos unha escolma para que vexades como a comunidade sBlendid ten medrado progresivamente tecendo redes profesionais de docentes tanto a nivel estatal como a nivel galego:

INTRODUCCIÓN AO ENSINO SEMIPRESENCIAL

Tere Cots

MONITORIZACIÓN E AVALIACIÓN

Laura Escribano

BOAS PRÁCTICAS DESDE A EOI DE MÁLAGA

Fernanda González

OBRADOIRO DE CO-AVALIACIÓN EN MOODLE.

Paola Iasci

ENSINO SEMIPRESENCIAL EN EOIs

Titores/as de ensino mixto de EOIs

ENSINO MIXTO

Susana Aldao

ENSINO MIXTO

Sonia Rosales

ENSINO MIXTO

Nuria Calvo

ENSINO MIXTO

Jose Antonio Cartelle

ENSINO MIXTO

Susana Aldao

ENSINO MIXTO

Carmen Fernández

ENSINO MIXTO

Marco Vélez

ENSINO MIXTO

Isabel Rama

ENSINO MIXTO

Anabel Fernández

INTERNACIONALIZACIÓN

Begoña Suárez, Paula Gómez e María Fdez.

PEDAGOGOS DIXITAIS

Profesorado participante no curso Europass Teacher Academy con Carolina Castro.