difusión

DIFUSIÓN DO CURSO TEACHER ACADEMY: Abril 2021

A segunda mobilidade virtual do Proxecto sBlendid foi un curso estruturado impartido por Teacher Academy. O eixo temático do curso era a "Dixitalización da aula de linguas". Bota unha ollada ao taboleiro dixital compartido pola nosa compañeira Begoña Suárez onde ten recollidos os contidos e experiencias do curso:

DIFUSIÓN DO PROXECTO SBLENDID: XORNADAS "INTERNACIONALIZA A TÚA ESCOLA"

As profesoras Begoña Suárez, Paula Gómez e María Fernández participaron nestas xornadas organizadas polo CAFI Galicia como embaixadoras do proxecto. Podes visualizar o vídeo da súa intervención, onde nuns poucos minutos resúmense os pasos dados no primeiro ano de vida do proxecto:

DIFUSIÓN DO CURSO NILE: Decembro 2020

A primeira mobilidade virtual do Proxecto sBlendid foi un curso estruturado organizado pola institución NILE e impartido polo relator RussellStannard. Tivo lugar en decembro de 2020 e a temática do curso centrouse nas Estratexias didácticas para o ensino, mixto, híbrido e a distancia.

Para a difusión do curso deseñáronse varios recursos que se presentan a continuación:

  • Logos do itinerario formativo creado ao abeiro dos contidos deste curso: O itinerario semi

  • Presentación interactiva dos contidos do curso no centro.

  • Blog público de reflexións sobre o ensino mixto.

  • Flipgrid con vídeos-resumo dos contidos do curso sesión a sesión.

Logos do Itinerario SEMI: Curso 2021-22

Flipgrid do curso NILE sesión a sesión: decembro 2020

Blog de reflexións sobre o ensino mixto: decembro 2020

Segue as experiencias desta formación sobre a modalide mixta da man de Russell Standard no blog sobre o ensino mixto premendo na ligazón.

CONSORCIO SBLENDID