SITUACIÓN ACTUAL
SITUACIÓN ACTUAL
Situación actual
Ata a súa entrada na Unión Europea ambos países controlaban o paso e o tránsito de viaxeiros polo que eran moi habituais as longas e interminables colas en ambos sentidos. En 1991 desapareceu a fronteira entre os dous países e tamén a obriga de levar pasaporte para atravesar a ponte que durante máis de 100 anos soportou o paso de automóbiles, trens e persoas. No ano 1993 inaugurouse a nova ponte internacional uns metros río abaixo que soporta agora a maioría do tráfico.
O Camiño de Santiago portugués pasa pola ponte.
Nova ponte sobre o Miño. Forma parte da autovía Vigo-Fronteira Portuguesa incluída dentro da rede transeuropea de transporte de alta capacidade.