Tui é unha urbe medieval situada nun outeiro á beira do Miño. Destaca a catedral-fortaleza de Santa María de Tui, unha das maiores de Galiza, de estrutura románica.
A cidade de Tui , no sur de Pontevedra e a de Valença do Minho, en Portugal, forman dende o 2012 unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración entre cidades unidas polas pontes que atravesan o río Miño.
Valença do Miño é a primeira cidade portuguesa ao cruzar a ponte nova sobre o Miño, no concello de Valença, a maior fortaleza do Alto Miño, con 5 km de perímetro. Actualmente está dedicada ao comercio con numerosas tendas, restaurantes...
Monte Aloia, na serra do Galiñeiro, con 10 km de sendas foi o primeiro Parque Natural de Galicia,
Valença do miño
Tamén podemos visitar A Guarda, no sur de Pontevedra, este concello costeiro, linda ao N.co Concello de O Rosal, ao E. co Río Miño e Portugal .
Guarda presenta un rico, patrimonio cultural e natural, no que destaca o Monte Santa Trega (ou Santa Tecla), o segundo punto máis visitado da comunidade galega. Conta tamén con un rico patrimonio natural, o Estuario do Río Miño, incluido dentro de la Red Natura 2000.
Vista de A Guarda
Desembocadura do Miño
No Monte Aloia hai varias rutas de sendeirismo. Conta con 10 km de sendas con especies centenarias: abetos, cipreses, cedros do Líbano...
Podemos destacar a Ruta 5:"Os muíños do Tripes", con 22 muíños e algunhas fervenzas; a Ruta 4: "Mirador da Cabeza de Francos", de interés arqueolóxico; a Ruta 7, que é unha senda botánica.
Senda do río Tripes
Mirador de Cabeza de Francos