LENDAS relacionadas co entorno
A 28 km da desembocadura do río Miño está a cidade de Tui, que segundo as lendas sería fundada por Diomedes, rei de Argos, fillo de Tideo, a lenda da orixe grega de Tui foi promovida no Renacemento na busca de prestixio para a cidade.
Murguía e Otero Pedrayo defenden unha orixe céltica, Plinio citouna como “Castellum Tyde”.
Lenda “Ponte das Febres‘
Situado na parroquia de Ribadelouro, Tui (Pontevedra), a ‘Ponte das Febres‘ ou ‘Ponte de San Telmo’, dista 108 km de Santiago de Compostela e forma parte do Camiño Portugués de Santiago. Trátase dunha pequena ponte, con un só arco, de sillares de pedra acondicionado pola Xunta de Galicia, recuberto de madeira, para protexelo do paso continuado de peregrinos.
Segundo a lenda San Telmo (patrón de Tui), enfermou neste lugar cando se dirixía a Santiago de Compostela en abril de 1251, tendo que regresar a Tui, onde finalmente finou. Consérvase un cruceiro e un monolito preto da ponte que fan referencia a este feito.
A historia, en cambio, indica que Pedro González Telmo estaba enfermo e predicara a súa morte nunha igrexa de Tui. Cando se dirixía a Santiago para morrer, ao chegar a esta ponte ‘Ponte das Febres‘, por empeorar a súa saúde, decidiu regresar a Tui. Faleceu nunha casa onde hoxe está a Igrexa de San Telmo.
Fuentes: "Gran Enciclopedia Gallega", Vol. 42
Ponte das febres
Capela de SanTelmo, Tui