Trátase dunha ponte formada por unha longa estrutura metálica, en forma de caixón que descansa sobre uns grosos piares pétreos, aínda que nun principio viuse a posibilidade de que estes fosen metálicos.
Estrutura metálica
Piares pétreos
A estrutura, que serve para tres tipos de comunicación: tren, tránsito rodado e viandantes, é a única comunicación por tren co país veciño Portugal.
Ten unha lonxitude de máis de 350 metros e apóiase en catro piares de pedra sobre o río, que suxeitan cinco ocos de metal de máis de 60 metros cada un, en concreto, os dous dos extremos miden 61,5m cada un, e os tres centrais 69m.
O cordón inferior soporta o tráfico rodado e a pasarela anexa o peonil, mentres que o ferrocarril disponse sobre a plataforma superior. A disposición foi condicionada polo gálibo esixido polo ferrocarril e polo fume que desprendían as locomotoras, que faría impensable que o tráfico ferroviario ocupara a plataforma inferior.
A súa construción realizouse mediante o procedemento de lanzar os tramos metálicos previamente construídos nos accesos sen outra precaución que apoialos provisionalmente mentres que estaban voando sobre o río. Actualmente presenta un estado de conservación bastante bo.