O Miño nace no Pedregal de Irimia na serra de Meira, no concello lugués de Meira. Desemboca na Guarda, Pontevedra, facendo fronteira con Portugal.
Pasa por Lugo, Portomarín, Ourense, Ribadavia, Francelos, Salvaterra de Miño, Tui, Tomiño e A Guarda . Os seus principais afluentes son os ríos: Sil, Neira, Avia, Barbantiño, Búbal, Arnoia.
Ten unha lonxitude de 350 km; un caudal de 340m* /s e unha conca hidrográfica de 710 kmª.
O Miño é o río máis caudaloso de Galicia. Ten como principal afluente o Sil, está inzado de encoros: 3 entre Lugo e Ourense (Belesar, 654 hm³; Os Peares, 182 hm³; Velle, 17 hm³); e dous entre Ourense e Portugal (Castrelo de Miño, 60 hm³; Frieira, 44 hm³). É navegábel de xeito transversal, e lonxitudinalmente en pequenos tramos e na súa desembocadura.
O Miño constitúe fronteira con Portugal uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas; nas ribeiras do Miño prodúcese o célebre viño do Ribeiro de Avia (en Ribadavia). Na tirada final tamén se ve bordeado por viñas de albariño.
Hai 14 insuas fluviais en todo o trazado do río Miño partillado entre Portugal e Galicia, catro on consideradas como internacionais.
O Concello de Salvaterra de Miño mercou a illa de Fillaboa a un particular. Ao outro lado está Monçao, vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo.