cartaces GAÑADORES de outros anos
Segundo as bases oficiais do Concello de Moaña
BASES CONCURSO CARTEL ENTROIDO …
, o teu cartel debe cumprir isto:
Formato A3 vertical.
Arquivo final en JPG ou PDF.
A versión definitiva debe ter 300 ppp.
Deben aparecer de maneira clara: a sardiña e a xoubiña.
Texto obrigatorio: ENTROIDO MOAÑA 2026.
Prohibido usar IA.
Antes de poñerte a debuxar, anota palabras que che suxiran o Entroido: disfraces, música, humor, peixes, mar, Moaña, xente, cores, ambientes…
Para documentarte, usa buscas sinxelas:
“cartel entroido galego”
“sardiña ilustración”
“xoubiña cartoon”
“carnaval, poster, inspiration”
Non copies imaxes: observa estilos, cores e composicións.
Xunta entre 8 e 12 imaxes que che inspiren (cores, formas, poses, expresións…). Pódeche valer unha folla ou un documento dixital. Será o teu mapa visual.
O cartaz. debe entenderse nun golpe de vista. Pregunta:
Que quero que vexan primeiro?
Onde vai ir o texto obrigatorio?
Como presento a sardiña e a xoubiña para que sexan protagonistas?
Fai 3 ideas pequenas, sen detalles. Busca:
Unha composición equilibrada.
Un punto focal claro.
Un espazo visible para o texto.
Cando teñas a mellor idea, queda con ela é realizamos o nosa idea en témpera .
Abrir GIMP.
Arquivo → Novo.
Escoller tamaño A3.
Resolución: 300 ppp.
Orientación: vertical.
Sacamos foto do noso traballo e Importa a foto da Témpera ou acuarela.
Baixa a opacidade ao 30–40%.
Bloquea esa capa.
Crea capas novas para debuxar por riba.
Usa capas separadas para:
Liñas principais
Cores planas
Sombras e luces
Texturas
Texto
Nomea cada capa para non perderte.
Selección libre: delimitar formas.
Pincel: trazo e pintura.
Balde de pintura: cor plana.
Degradado: fondos máis ricos.
Mover / Escalar / Rotar: axustes de posición.
Borracha suave: perfís, brillo, luz.
Comeza pola silueta xeral, sen detalles.
Marca os ollos e a expresión, que atraerán a atención.
Engade accesorios de Entroido se queres (antifaz, sombreiro, confeti…).
Mantén unha paleta de 2–3 cores principais para non saturar.
Escolle unha fonte clara e con presenza.
Evita fontes excesivamente recargadas.
O texto debe contrastar ben co fondo.
Proba estas opcións e escolle a que mellor funcione:
Parte superior centrada
Parte inferior centrada
Nun lateral en vertical
Nunca coloques o texto tapando as figuras principais.
Sombra suave: Filtros → Luz e sombra → Sombra caída (moi lixeira).
Contorno: Texto → Capa → Alfa á selección → engadir borde fino.
Revisa que todo está en A3 vertical.
Cores ben equilibradas (nin moi apagadas nin estouradas).
Texto correcto: ENTROIDO MOAÑA 2026.
Exporta:
Arquivo → Exportar como → JPG ou PDF.
Mantén sempre 300 ppp.
Antes de entregar, marca:
A3 vertical
300 ppp
Sardiña e xoubiña ben visibles
Texto correcto
Sen elementos feitos con IA
Arquivo JPG/PDF
Cores e composición limpias
https://www.portaluniciso.com/info/PHOTOPEA.pdf
Para importar un debuxo en png como capa :https://youtu.be/ly2D8RE1JnM?si=UVs3RuOfM5XnW5Oy
Para transformar capa https://youtu.be/fcsV-r_w400?si=FONbSfNGuJntV90g
DATA DE ENTREGA , 16 VENRES XANEIRO