Na asignatura de Relixión utilizamos ás arbores como eixo temático para, dalgún xeito, enlazar o noso traballo co PDI proposto pola biblioteca.
Cada curso realizou un traballo diferente.
EDUCACIÓN INFANTIL
Buscamos unha árbore ben importante na tradición bíblica: "A árbore do ben e do mal".
Contamos o relato do Paraíso e coñecimos a Adán e Eva e como, pola súa mala acción, tiveron que abandonar aquel precioso lugar onde vivían.
Pintamos debuxos.
Fixemos unha manualidade.
E nós mesm@s contamos a historia.
1º PRIMARIA
En 1º, cando traballamos a última semana da vida de Xesús, caimos na conta de que hai en Xerusalén un lugar con árbores que foi importante para Él: "O Monte das Oliveiras".
Contamos o relato.
Resumimos e escribimos a pasaxe bíblica.
Finalmente, fixemos unha manualidade.
2º PRIMARIA
A clase de 2º de Primaria construiu "A árbore dos valores".
Foi esta unha actividade que unificamos co traballo que estaban facendo no Conectandomundos en 3º e 4º. E así, cando os de 2º tiñan xa uns brotes verdes de cousas boas que pretendían facer medrar, viñeron @s outr@s e levantaron un muro de contravalores que llelo impedía. Foi necesario derrubar ese muro para que a árbore dos valores poidese facerse forte e fermosa.
3º/4º PRIMARIA
Como na clase de 3º e 4º traballamos neste curso sobre a Biblia e a súa estrutura, decantámonos por facer "A árbore da Biblia".
5º/6º PRIMARIA
@s maiores elaboramos un traballo de investigación sobre a importancia das árbores para as relixións e, de maneira concreta, na Biblia: "As árbores da Biblia".