ESCOLMA POÉTICA: AS ÁRBORES NA NOSA BIBLIOTECA
Este curso Mica Bigotes propúxonos un proxecto moi interesante e, ao mesmo tempo, moi divertido: coñecer as árbores do noso cole. Temos un bosque moi bonito, con moitas árbores autóctonas.
Pensamos se as árbores tamén estarían na nosa biblioteca, pero non só nos andeis informativos.
Así que as nenas e nenos de 2º, 5º e 6º “asaltamos” os andeis de poesía para atopar versos que tivesen que ver coas árbores.
Primeiro decidimos que queríamos facer. E pensamos nun libro que quedara na nosa biblio.
Despois repartímonos as tarefas:
@s nenos e nenas de segundo buscaría nos libros de Prelectores e Primeiros lectores, é dicir, os libros con etiqueta azul e vermella.
@s nenos e nenas de quinto e sexto buscarían nos dos Lectores autónomos e Lectores expertos, é dicir, os da etiqueta verde e amarela.
Despois lemos os libros e seleccionamos as poesías, fotocopiámolas, recortamos as estrofas e pegámolas en folios de cores. As cores correspondíanse coas etiquetas por idades dos libros.
Ordenámolas por orde alfabética da palabra destacada (o nome da árbore, o tipo de bosque…) e decorámolas.
Por último, xuntamos as tarefas das dúas aulas (segundo, máis quinto e sexto)...
...e montamos un libro, “A escolma poética das árbores da nosa biblio”. O resultado foi este libro que a nós parécenos precioso.
Se queredes ver cánto traballamos, aquí tedes algunhas fotos: