PROXECTO curso 2016-2017
“O NOSO BOSQUE”
Na aula de 1º de primaria traballamos distintos aspectos da vida e usos das plantas.
- Buscamos remedios caseiros con plantas dos arredores e sinxelos de facer.
- Participamos na plantación dunha árbore ( un teixo) no noso bosque.
- Observamos o nacemento dunha nova planta a partir dunha semente.
1. UNHA NOVA PLANTA PARA O NOSO BOSQUE
Despois de asistir a plantación dunha árbore no noso bosque (plantamos un TEIXO) e atender a explicación do xardineiro do concello (Antón), falamos na clase sobre os utensilios utilizados e as partes de todo o proceso. A continuación fixemos un debuxo sobre a actividade no que tiñamos que poñer todo o que utilizou e , por suposto, debuxar o teixo.
Despois fixemos algunha visita ao bosque para observar o seu crecemento, observando os novos brotes verdes que xa tiña, esto quere decir que está medrando moooi ben.
2. UNHA NOVA PLANTA PARA A NOSA CASA
Por outra banda, decidimos tamén observar como nace unha nova planta, a partir dunha semente. Trouxemos a nosa aula sementes: garavanzos, fabas, lentellas, pebidas de mazás, sementes de cabaza,…
Utilizamos: vasos de plástico transparentes, algodón, terra, unha pa e unha regadeira.
Cada un de nós puxo a súa semente con algodón e un pouco de auga nun vaso, ao que lle puxemos unha etiqueta co noso nome e o da semente, e as colocamos na ventá. Tamén puxemos algunha semente en terra. E unha no armario para observar como medran sen luz.
Despois dun par de días algunhas sementes xa comezaron a xerminar (fabas, lentellas e pebidas de cabaza), outras seguían como o primeiro día. Algunhas pudriron ( pensamos que foi por exceso de auga). As que comezaron a medrar sacaron un talo moi verde e as levamos para a nosa casa para plantalas en terra.
A que estaba no armario xerminou pero creceu sen cor, moi pálida, por falta de luz.
3. UNHA CANCIÓN DAS SEMENTES
Para completar o traballo sobre o nacemento dunha planta preparamos unha canción:
- Limos a letra varias veces, por versos e por estrofas.
- Puxémoslle un título e fixemos un debuxo.
- Aprendimos a melodia.
- Preparamos unha pequena representación para facer o último día de curso para tod@s @s nos@s compañeir@s.
4. UNHA CHEA DE REMEDIOS CASEIROS CON PLANTAS
5. FIXEMOS UN MURAL
6. E A ACTUACIÓN FINAL...