Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha morea de actividades relacionadas con este Proxecto Documental Integrado. Comezamos!
O primeiro que fixemos foi dar un paseo polo noso estupendo bosque e decidimos recoller follas para facer un herbario e así coñecer mellor as características de algunhas das nosas árbores. Estas son algunhas das nosas fotos dese proxecto:
Tamén plantamos un teixo cos nosos compas da escola e como nos gustou tanto prantamos frores na clase.
Fixemos carteis con diferentes técnicas plásticas cun código QR onde saen os nenos e nenas de 5º e 6º contándonos as características de algunhas desas árbores.
Reciclamos fixemos unha morea de cousas para decorar o noso bosque
Tamén fixemos un conto virtual con Micabigotes a través do correo electrónico.
Fixemos tamén unha árbore de cores coas nosas mans...e desfrutamos moito deste proxecto!!!!