ESCOLMA POÉTICA: AS ÁRBORES NA NOSA BIBLIOTECA
Este curso Mica Bigotes propúxonos un proxecto moi interesante e, ao mesmo tempo, moi divertido: coñecer as árbores do noso cole. Temos un bosque moi bonito, con moitas árbores autóctonas.
@s maiores, 5º e 6º, decidimos colaborar con outras clases e, así, fixemos dous traballos diferentes:
5º/6º + 2º de PRIMARIA
Pensamos se as árbores tamén estarían na nosa biblioteca, pero non só nos andeis informativos.
Así que as nenas e nenos de 2º, 5º e 6º “asaltamos” os andeis de poesía para atopar versos que tivesen que ver coas árbores.
Primeiro decidimos que queríamos facer. E pensamos nun libro que quedara na nosa biblio.
Despois repartímonos as tarefas:
@s nenos e nenas de segundo buscaría nos libros de Prelectores e Primeiros lectores, é dicir, os libros con etiqueta azul e vermella.
@s nenos e nenas de quinto e sexto buscarían nos dos Lectores autónomos e Lectores expertos, é dicir, os da etiqueta verde e amarela.
Despois lemos os libros e seleccionamos as poesías, fotocopiámolas, recortamos as estrofas e pegámolas en folios de cores. As cores correspondíanse coas etiquetas por idades dos libros.
Ordenámolas por orde alfabética da palabra destacada (o nome da árbore, o tipo de bosque…) e decorámolas.
Por último, xuntamos as tarefas das dúas aulas (segundo, máis quinto e sexto) e montamos un libro, “A escolma poética das árbores da nosa biblio”. O resultado foi este libro que a nós parécenos precioso.
5º/6º + EDUCACIÓN INFANTIL
Na clase de Educación Infantil elaboraron un herbario das árbores do noso cole. Nós preparamos videos coa información científica de cada unha desas árbores.