A nós tocounos a área de matemáticas, e dádolle votas alguén lembrou que as árbores podíanse medir pola súa sombra, pero como?
Comezamos a investigar por internet, ata atopar varios vídeos nos que se explicaba como Tales de Mileto mediu as pirámides de Egipto cunha estacae un cordello.
Comezamos observando cando o Sol estaba a 45º do horizonte. Puxemos un bombín de bicicleta e fixemos un círculo no chan, co radio igual á altura do bombín.
E para que queriamos saber iso? Saberase todo no seu momento.
Unha vez dominado o proceso, buscamos o xeito máis sinxelo e agradable de contar as cousas. Fixemos o guión entre todos, e esto quedou.