Obxectivos:
Traballar a conciencia sensorial.
Proporcionar diferentes sons para darse conta das diferencias.
Utilizar os obxectos que temos en casa como instrumentos sonoros
Xogos e actividades:
Abrir a fiestra. Que escoitas?
Trátase de intentar durante uns segundos escoitar sons que veñen do exterior e recoñecelos...escoitei un paxaro, un coche....
Podemos despois intentar reproducir eses sons.
Adiviña que está soando.
Manipulación: @ nen@ escolle varios obxectos que produzan son.
Cos ollos tapados ou de costas adiviñamos o obxecto que soa. Alternamos, unha vez o adulto, unha vez o neno.
Xogo de voces.
Tres persoas participan no xogo.
Unha de costas intenta adiviñar quen fala.
As outras dúas poden cambiar a súa voz para tentar enganar.
Onde está? Tratamos de adiviñar de onde ven o son escoitado.
Cos ollos tapados indicamos co dedo onde está o son.
Un ou unha cos ollos tapados e a persoa que fai soar o instrumento pode moverse.
Ligazóns:
En youtube tendes moitos "adivina sonido..."