Obxectivos:
Recoñecer as calidades do son.
Buscar diferentes sons en obxectos cotidiáns e clasificalos
Recoñecer timbres de instrumentos musicais
Xogos e actividades:
Buscar pola casa obxectos que produzan son e clasificalos.
A primeira forma de clasificación a poden facer como queiran.
Despois intentamos clasificalos por:
Intensidade: soa forte ou suave.
Duración: o son é longo ou curto
Altura: o son producido é agudo ou grave.
Timbre: podemos dicir o nome do instrumento e incluso tentar desribir cómo é o son ou a que se parece.
Adiviñar instrumentos musicais.
Tentamos recoñecer instrumentos musicais polo seu timbre.
Accedemos a esta páxina web ou buscar en youtube videos de "adivina instrumeto musical".
Na casa do mago atoparás moitos xogos relacionados coas calidades do son. Preme aquí para acceder
Se algún se atreve pode gravar sons producidos na casa e clasificalos.
Podes primeiro por exemplo buscar sons suaves, e gravar todos os que atopes, despois sons fortes e gravalos... terás unha incrible biblioteca de sons.