Obxectivos:
Diferenciar sons polas súas calidades.
Buscar diferentes sons en obxectos cotidiáns e clasificalos.
Recoñecer timbres de instrumentos musicais.
Combinar sons para producir música.
Xogos e actividades:
Buscar pola casa obxectos que produzan son e clasificalos.
Intentamos clasificalos por:
Intensidade: soa forte ou suave.
Duración: o son é longo ou curto
Altura: o son producido é agudo ou grave.
Timbre: podemos dicir o nome do instrumento e incluso tentar desribir cómo é o son ou a que se parece.
Se algún se atreve pode gravar os sons producidos na casa e clasificalos.
Podes primeiro por exemplo buscar sons suaves, e gravar todos os que atopes, despois sons fortes e gravalos... terás unha incrible biblioteca de sons.
Demostra todo o que sabes sobre as calidades do son. Preme nas actividades seguintes e realiza os test.
Adiviñar instrumentos musicais.
Tentamos recoñecer instrumentos musicais polo seu timbre.
Accedemos a esta páxina web.
Na casa do mago atoparás moitos xogos relacionados coas calidades do son.
Embaixo tes máis ligazóns para xogar co sons.