Obxectivos:
Coñecer instrumentos musicais galegos.
Coñecer as partes da gaita galega.
Clasificar os instrumentos musicais galegos.
Aprender unha canción galega.
Gozar cos xogos e cancións propostas.
Xogos e actividades:
Antes de realizar os xogos entra na páxina do consello da cultura galega e fíxate na cantidade de instrumentos tradicionais galegos que recolle. Están organizados por idiófonos, membranófonos , cordófonos e aerófonos. Xa vimos na anterior actividade esta clasificación. Se non a fixeches ou non o lembras realiza as actividades de TREMER É VIBRAR?
Agora fai o xogo de educaplay. Poderás coñecer un pouquiño mellor a gaita galega.
Para poder xogar máis comodamente utiliza a pantalla completa. Antes de comezar dalle no botón que se indica no debuxo.
A continuación podes visualizar este vídeo. Moi atento pois terás que respostar durante o mesmo.
Por último canta e aprende a canción "O verdegaio".
Lembra a túa posición corporal, coller o aire correctamente e colocar a voz para cantar.
Podes realizar antes de cantar calquera dos exercicios que faciamos na clase. (o da ventana o campo, emitir a letra mmmm, o da mangueira...).
Obxectivos:
Obxectivos:
Coñecer diferentes instrumentos musicais
Clasificar técnicamente os instrumentos musicais.
Coñecer o como se produce o son.
Gozar coa música instrumental.
Xogos e actividades:
Aprende a clasificar os instrumentos
Utiliza a presentación que aparece a continuación para comprender como se produce o son.
Fíxate nas cinco familias instrumentais e acede a cada unha de elas para aprender máis de cada unha.
Podes aceder tamén a páxina do consello da cultura galega, onde atoparás unha enorme colección de instrumentos da nosa cultura.
Obxectivos:
Escribir un conto.
Poñerlle sons a un conto.
Explorar os sentimentos que me produce a música.
Gozar cos contos e a música.
Xogos e actividades:
Pedro e o lobo
Escoita a obra de Pedro e o lobo.
Cada personaxe está representado por un instrumento.
Parécense os sons dos instrumentos os personaxes que representan?
Que sentimentos che produce cada un de eles?
Inventa o teu conto
Segue o esquema para inventar o teu propio conto e ponlle música a cada personaxe.
Dende: https://webdelmaestro.com/el-cuento-como-hacer-un-cuento/
Logo de facer o esquema comeza a escribir o teu conto, podes facelo comezando cunha frase: Había unha vez..., erase que se era..., nun lugar moi...
Cando o teñas escrito grava o conto e utiliza os instrumentos para darlle son ou música os teus personaxes.
Cando gravedes tede coidado co formato, o programa de gravación permite cambialo, utiliza formato tipo mp3, mp4, wav, para que non dé erros a hora de subilo.
Lémbrate de poñerlle un son, ritmo, melodía... a cada personaxe do teu conto.
Obxectivos:
Repetir esquemas rítmicos.
Acompañar unha canción con percusión corporal ou instrumentos cotiás.
Aprender os pasos dunha danza.
Recoñecer representacións gráficas do ritmo.
Seguir un esquema rítmico con representacion musical.
Gozar coa interpretación musical.
Xogos e actividades:
Syncopation ~Papaya Edition~:
Segue o rítmo da canción con palmas ou un instrumento cotiá.
Canta e acompaña con ritmo.
Cups “When I’m Gone”
Colle un vaso de plástico e aprende a facer o ritmo da canción (algunhas xa o saben ;) ).
Segue os pasos do primerio vídeo e déspois acompaña a canción.
Tenta cantar e facer o rítmo, non é fácil pero eres unha máquina, seguro que o consigues.
Segue o ritmo co teu corpo.
Baila sen para. Utiliza a danza que che deixo ou busca outra para seguir co ritmo. (Just dance tamén vale)
Goza e repite sen parar.
Global muiñeira:
Obxectivos:
Diferenciar diferentes elementos na produción de sons.
Utilizar os obxectos que temos na casa como instrumentos sonoros.
Clasificar instrumentos pola forma de producir o son.
Construir un instrumento musical.
Utilizar o instrumento na interpretación dun ritmo.
Gozar coa experimentación sonora.
Xogos e actividades:
Buscar obxectos sonoros pola casa.
Clasificamos os instrumentos.
Procura clasificar os instrumentos nalgunha destas familias:
Cordófonos...... o obxecto que produce o son é unha corda. (guitarra, violín...)
Aerófonos...... o son producese pola vibración do aire. (frauta, trompeta...)
Membranófonos.... o son producese pola vibración dunha membrana... (pandeiro, tambor...)
Idiófonos.....o propio instrumento vibra para producir o son... (maracas, claves...)
Agora imos a construir un instrumento.
Construe o instrumento que poidas, segundo os materiais dos que dispoñas.
Un xilófono
Materiais:
Recipiente de vidrio. (botellas ou vasos)
Auga
Colorante alimentario.
Pasos a seguir:
Coloca os recipientes na mesa e bota diferentes cantidades de auga en cada vaso ou botella.
Intenta que cada vaso ou botella soe distinta. Se algún se atreve pode intentar afinalo...
Finalmente dalle color a cada vaso. Engade unha gotiña de colorante alimentario.
Toca un ritmo coteu instrumento. Ou unha canción co teu xilófono se eres valente.
Fotografía o proceso de construción e despois grava un ritmo co teu instrumento.
Nesta páxina web atoparás algunhas ideas: