Obxectivos:
Xogar coa respiración.
Realizar actividades de soplo que nos axuden a mellorar a fala e o canto.
Gozar cos xogos e cancións.
Xogos e actividades:
Primeiro xogo.
Necesitamos unha palliña e un vaso de auga ou zume. realizamos soplos coa palliña no vaso, procuramos non verter a auga fóra do vaso.... A actividade non é fácil, require dun certo control do soplo
Segundo xogo.
Soplar unha bola de papel ou pelotiña. Podemos facer un circuito de carreiras con plastilina. Este xogo tamén require control do soplo.
Deixovos unha páxina con máis propostas. pinchade aquí
Agora non nos queda outra que cantar. Vouvos presentar unha única proposta pero en diferentes versións. A primeria a máis infantil de "A saia da Carolina". Sería estupendo que poidesen aprender un trociño da máis tradicional...
"A saia da Carolina
ten un lagarto pintado.
Cando a Carolina baila
o lagarto dalle o rabo.
-Bailaches Carolina.
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor..."
Obxectivos:
Diferenciar diversos timbres de instrumentos musicais
Acompañar cancións con percusión corporal ou algún instrumento cotidiá.
Gozar coa experimentación sonora e corporal.
Xogos e actividades:
Primeiro xogo. escoitar o son dos instrumentos e imitar a forma de tocalos.
Acompañar as cancións con palmas, e imitando a forma de tocar os instrumentos musicais.
Tratáse de xogar, teñen liberdade... pero prestamos atención a: os instrumentos que hai que soprar, golpear, frotar...
Podemos cantar unha canción ou todas e repetilas as veces que queiramos...
Xogo de mímica:
Necesitamos varias cartas de instrumentos musicais.
Triángulo, claves, pandeiro, gaita..... os que queiramos.
Cada instrumento nunha carta.
Instrumentos musicales (Arasaac)... Grazas a mamá de Enzo :)
Fabricamos con papel ou cartón un aparello como o da foto:
Xogan como mínimo duas persoas, un de eles escolle unha carta o chou e o outro colocalla no sombreiro.
De seguido a persoa sen sombreiro fará os xestos intentado que o outro adiviñe de que istrumeto se trata.
Se con aterioridade traballamos a forma de tocar os instrumentos... agora lle resultará máis sinxelo o xogo.
Obxectivos:
Buscar sons distintos que producen sensacións distintas.
Participar nun conto sonoro.
Explorar sons e sentimentos que me producen.
Gozar cos contos e a música.
Xogos e actividades:
Vamos a utilizar un conto e poñerlle son.
Primeiro localizamos os personaxes ou situacións do conto os que lle imos engadir un son.
Logo os papás, mamás, abós....irmáns maiores... leen o conto ou poñen a gravación.
Cando sae o personaxe os nenos e nenas farán soar o instrumento correspondente a ese personaxe.
Por exemplo. o conto do "Grúfalo".
Poñemoslle son cun instrumento
o raposo::::algo de plástico.
o moucho:::algo de madeira.
serpe:::: algo de metal.
Cando saia o raposo tocamos o instrumento de plastico, cando saia o moucho tocamos o de madeira e cando saia a serpe o de metal.
Podemos engadir máis instrumentos para o rato e para o Grúfalo.
Alguén se atreve a poñerlle son o conto de "o monstro de cores"?
Que instrumento utilizaredes para cada emoción?
Cal soa triste, alegre, rabioso....? buscamos pola casa sons que poidamos relacionar coas emocións. e contamos o conto.
Ponlle son o conto que máis che guste.
Podes gravar o teu conto e compartilo.
Pon o teu nome e o do conto no arquivo que graves
Así: "Nome do conto_ nome do nen@_ curso e letra"
Obxectivos:
Seguir o pulso músical.
Repetir esquemas rítmicos.
Gozar coas cancións e danzas.
Xogos e actividades:
Palmear as cancións ou seguir un ritmo.
Coas cancións propostas ou outras acompañamos o canto palmeando ou facendo os xestos propostos.
Inventa se te atreves os teus propios ritmos ou movementos ou o que che apeteza. Goza!
Para esta canción precisamos unha pelota pequena.
Tentamos agora facer un ritmo.
En mi tribu:
Palmeamos nas pernas e damos palmas na primeira parte. "En mi tribu los tambores........hasta nuestros ríos pueden ser un instrumento." (seguimos a canción)
Na segunda parte: Pum: palmeamos nas pernas. Pam: damos palmada. ( cada pum e cada pam un golpe)
Podemos utilizar instrumentos musicais caseros para facer os pum e os pam.
Segue o pulso, fai os eeh!, segue o teu ritmo... Canta!
Goza sen parar...repite cantas veces queiras
Obxectivos:
Investigar como se produce o son.
Utilizar os obxectos que temos na casa como instrumentos sonoros.
Gozar coa experimentación sonora.
Xogos e actividades:
Buscar obxectos sonoros pola casa.
Procuramos variar a forma de producir o son: golpeando, soplando, raspando, axitando...
Agora imos a construir un instrumento.
Segue estas instrucións para a construción dunha maraca ou construe outro....
Maracas:
Materiais:
Tubos de cartón
Cinta adhesiva
Tapas de botellas
Arroz, garavanzos...
Texoiras
Rotuladores
Pasos
Primeiro debe cortar un anaco de cinta adhesiva para o selo no extremo e colocar a tapa da botella de plástico no medio.
Corte a cinta en forma de sol ao redor da tapa, isto é para pegar a tapa con coidado e evitar engurras e hebillas na cinta.
Pegue unha tira de cinta adhesiva sobre iso e terá o seu selo axitador.
Encha a coctelera con arroz, garavanzo ou similar (1-2 cucharadas son suficientes) e sele o outro extremo do mesmo xeito. Entón estás listo para decorar.
"Kate Grono. (2015). The Craft Train. https://www.thecrafttrain.com/cardboard-tube-shakers/"
Saca fotos do proceso, así poderás ensinarllo aos demáis.