Obxectivos:
Coñecer diferentes instrumentos musicais galegos
Clasificar os instrumentos musicais galegos polo sistema tradicional.
Aprender unha canción galega.
Gozar cos xogos e cancións propostas.
Xogos e actividades:
Antes de realizar os xogos de educapay entra na páxina do consello da cultura galega e fíxate na cantidade de instrumentos tradicionais galegos que recolle. Están organizados por idiófonos e membranófonos que son os que coñecedes como de percusión, cordófonos que os coñecedes como instrumentos de corda e aerófonos que son os instrumentos de vento.
Agora fai os dous xogos de educaplay. Podes axudarte coa páxina que antes visitaches.
Para poder xogar máis comodamente utiliza a pantalla completa. Antes de comezar dalle no botón que se indica no debuxo.
Por último canta e aprende a canción "heiche de contar un conto".
Lembra a túa posición, coller o aire correctamente e colocar a voz para cantar.
Podes realizar antes de cantar calquera dos exercicios que faciamos na clase. (o da ventana o campo, emitir a letra mmmm, o da mangueira...)
Obxectivos:
Coñecer diferentes instrumentos musicais
Clasificar os instrumentos musicais polo sistema tradicional.
Gozar coa música instrumental.
Xogos e actividades:
Os instrumentos musicais os podemos clasificar por:
Instrumentos de vento
Instrumentos de corda
Instrumentos de percusión
Accedede a seguinte presentación para coñecer como se clasifican os instrumentos musicais.
Obxectivos:
Relatar un conto.
Poñerlle sons a un conto.
Explorar os sentimentos que me produce a música.
Gozar cos contos e a música.
Xogos e actividades:
En un mercado persa
Seguimos o conto "En un mercado persa".
Escolle un dos personaxes e aprende o ritmo. (Podes cambiar o ritmo se atopas outro máis apropiado)
Escolle un instrumento apropiado para o teu personaxe e presta atención tamén o ritmo que tes que tocar. (coidado cos sons moi longos ou moi curtos)
Cando apareza o teu personaxe toca o ritmo correspondente.
Os atrevidos poden facer varios personaxes. :)
Obxectivos:
Repetir esquemas rítmicos.
Acompañar unha canción con percusión corporal ou instrumentos cotiás.
Aprender os pasos dunha danza.
Recoñecer representacións gráficas do ritmo.
Gozar coa interpretación musical.
Xogos e actividades:
Bim Bum.
Segue os pasos que se indican con percusión corporal.
Agora podes facelo con instrumentos?
bim:...un golpe ┘
bum:...un golpe ┘
biddy:...dous golpes ♫
Jazz pizzicato:
Segue o detective na súa investigación.
Cada ovo representa un golpe de son. Podes facelo con percusión corporal ou con instrumentos cotiás.
por exemplo:
ovo azul: palmada nas pernas.
ovo amarelo: palmadas.
ovo vermello: pitos cos dedos.
Tes catro niveis de dificultade. Cantos podes facer?
Segue o ritmo co teu corpo.
Baila sen para. Utiliza a danza que che deixo ou busca outra para seguir co ritmo. (Just dance tamén vale)
Goza e repite sen parar.
Global muiñeira:
Obxectivos:
Diferenciar diferentes elementos na produción de sons.
Utilizar os obxectos que temos na casa como instrumentos sonoros.
Clasificar obxectos sonoros.
Construir un instrumento musical.
Crear e interpretar un ritmo cun instrumento propio.
Gozar coa experimentación sonora.
Xogos e actividades:
Buscar obxectos sonoros pola casa.
Clasificamos os instrumentos. (Podes inventar a túa propia clasificación).
Agora imos a construir un instrumento.
Móbil de Son (Constrúe este ou outro instrumento que queiras).
Imos construír un móbil sonoro. Para iso usaremos pastas de cores e materiais fáciles deconseguir. Ao final, colgaremos esta manualidad nun lugar onde exista paso de aire e póidanse mover chocar as tiras, que farán un son agradable ao oido.
Materiais:
Pastas de cores.
Fío
Un pauciño de madeira.
Pasos a seguir:
A primeira pasta a anudaremos e logo iremos introducindo o fío por un orificio das seguintes pastas e sacámolo polo outro. Así se forman tiras da lonxitude que queiramos.
A continuación vanse atando as tiras de pastas no palillo que temos,de tal forma que ao final o palillo quede horizontal e suxeito por un anaco de fío.
"Recuperado: https://mariamenendez.files.wordpress.com/2012/12/construccion-de-instrumentos-musicales.pdf"
Toca un ritmo co teu instrumento.
Por último:
Fotografía o proceso de construcción e grava un ritmo co teu instrumento.
Nesta páxina web atoparás outras ideas: