As profesoras Nancy Casielles e Teresa Villar fixeron unha formación na IIla da Reunión (Francia) que tratou o tema da inclusión.
Na EOI de Ourense vimos de crear o Club Erasmus+ de Actividades Ecolóxicas que nos permita colaborar en actividades para concienciar sobre o coidado do medio ambiente.
A profesora de inglés Ana Rodicio asistiu a un curso sobre liderazgo en Liubliana (Eslovenia)
As profesoras Montserrat Gregorio e Carmen Rodríguez realizaron unha estancia de aprendizaxe por observación na Volkshochschule de Köln (Alemaña). O foco estivo na dixitalización e na inclusión.
As profesoras Montserrat Gregorio e Carmen Rodríguez ofertarán un curso de alfabetización dixital dirixido a toda a comunidade educativa.
Na semana do 5 ao 9 de maio tivemos o gusto de recibir a visita de 3 docentes da Volkshochschule Köln.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e queremos dar as grazas a toda a comunidade da EOI Ourense que fixo posible este Jobshadowing no marco Erasmus+.
Grazas tamén á colaboración da EPAPU e ao CFR ourennse.
A profesora Rut Vázquez González levou unha estancia de aprendizaxe por observación no centro de adultos CPIA de Mantova (Italia). No seu diario de aprendizaxe podemos ver un resumo do seu traballo.
A profesora Alicia del Río Caamaño realizou unha estancia de aprendizaxe por observación no centro de educación de adultos "Helsingdors Arbis" de Helsinki (Finlandia). O foco estivo nas ferramentas de dixitalización no ensino. Compartimos convosco o diario de aprendizaxe da profesora.
A profesora Alicia del Río Caamaño ofertará un curso de preparación a exames con axuda da intelixencia artificial dirixido a toda a comunidade educativa.
Apúntate na conserxería da escola!
As profesoras Ana Ramos e Lucía Gil fixeron unha aprendizaxe por observación na Jazykova Skola de Bratislava (Eslovaquia). Tiveron a oportunidade de observar as clases de inglés e español en diferentes niveis. Comparten a súa presentación e diario de aprendizaxe.
O profesor Matthew Loboy realizou unha estancia de aprendizaxe por observación na Volkshochschule München (Alemaña) . O foco estivo na observación do proceso de ensino/ aprendizaxe no centro xermano. Compartimos convosco o diario de aprendizaxe do profesor e as súas reflexións.
A profesora Nancy Casielles realizou unha estancia de aprendizaxe por observación en Ankara (Turquía). O foco estivo na observación de diferentes centros de educación de adultos e establecer lazos para futuras colaboracións. Compartimos convosco o diario de aprendizaxe da estadía.
Esta mobilidade terá un impacto múltiple na nosa escola:
1. Próxima mobilidade en grupo de alumnado adulto ao centro Çankaya Halk Eğitimi Merkezi
2. Colaboración nun proxecto eTwinning o vindeiro curso con
Centro Çankaya Başkent Halk Eğitimi Merkezi
3. Un asesor do Departamento de Competencia Dixital do Ministerio de Educación de Turquía visitará o vindeiro curso a EOI como experto invitado e impartirá un seminario sobre realidade virtual aplicada ao ensino.
4. Queda pendente de estudo a posibilidade de que a escola oferte un curso estruturado de idiomas para o profesorado dependente da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico da Dirección Provincial de Educación de Ankara
5. Posible colaboración en mobilidades con dúas organizacións portuguesas: a Universidade Senior de Río Maíor e o Instituto de Educação e Cidadania
Do 25 ao 29 de novembro 2024
Dr. Caner Börecki Dra. Rabia Börecki
"Xornadas sobre intelixencia artificial e metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras"
Cada un deles impartirá 3 seminarios diferentes que se repetirán ao longo da semana, dirixidas ao profesorado e ao alumnado.
Dentro da Acreditación Erasmus+ e vencellada á realización do proxecto eTwinning Blumenfeste|Flower Festivals levarase a cabo unha mobilidade de alumnado a Ankara (Turquía) (só para alumnado participante no devandito proxecto eTwinning).
Link á acta de selección de participantes
Un grupo de 13 alumnos e alumnas en compañía de 3 profesoras participaron nunha mobilidade en grupo durante dúas semanas en Montijo (Portugal), asistindo ás aulas do Centro Qualifica do Agrupamento de Escolas do Poeta Joaquim Serra.
Sirva esta presentación como resumo.
Unha experiencia moi enriquecedora!
Como tarefa durante a súa estadía en Montijo, pedíuse ao alumnado tomar conciencia da paisaxe urbana e das posiblidades do seu embelecemento tirando fotografías en diferentes recunchos da cidade. Estas fotografías están agora expostas no vestíbulo do primeiro andar da escola.
Mobilidade en grupo a Ankara (Turquía)
Unha experiencia moi enriquecedora!
Como impactos desta mobilidades destacamos dúas:
Acordo para realizar mobilidades de larga duración durante o curso 2025-2026.
Creación do Club Erasmus de lectura hispana-turca entre ambas organizacións
Durante este curso ofértanse 10 mobilidades en grupo.
As solicitudes están abertas a todo o alumnado da escola independentemente do idioma ou modalidade nas que estea matriculado.
Prazo de presentación de solicitudes:
13 ao 23 de novembro.
Compartimos convosco o aproveitamento no aprendizaxe da lingua grega durante a estadía na nosa alumna Ana Belén Gutiérrez Puente.
Noraboa polo esforzo relizado!
Finalmente foi posible ampliar a oferta inicial de mobilidades de alumnado.
Deste xeito a oferta final foi como segue:
2 mobilidades de 60 días a Kalamata (Grecia)
1 mobilidade de 90 días a Balikesir (Turquía)
Durante este curso ofértanse 2 mobilidades de longa duración.
1 mobilidade de 30 días a Kalamata (Grecia): ver convocatoria e baremo
1 mobilidade de 60 días a Balikesir (Turquía): ver convocatoria e baremo
As solicitudes están abertas a todo o alumnado da escola independentemente do idioma ou modalidade nas que estea matriculado.
Prazo de presentación de solicitudes
13 ao 23 de novembro.
Balikesir
Nancy Casielles, a directora da EOI de Ourense, viaxou en decembro 2024 a Balikesir (Turquía) nunha visita preparatoria para organizar a estancia de larga duración da alumna seleccionada para realizar esta mobilidade.
Montijo
En xaneiro 2025 as profesoras Montserrat Gregorio, Sara Meiriño e Carmen Rodríguez realizaron unha visita preparatoria a Montijo (Portugal) para organizar a mobilidade en grupo. Tiveron a ocasión de reunirse coas profesoras Zita Domingues e Sandra Rodrigues e coñeceron de primeira man o Centro Qualifica Poeta Joaquim Serra.
Kalamata
Nancy Casielles, a directora da EOI de Ourense, visitou en xaneiro 2025 Kalamata (Grecia) nunha visita preparatoria para organizar as estancias de larga duración das alumnas seleccionadas para esta mobilidade.