Acreditación 2021-2027
A EOI acadou no ano 2022 a acreditación Erasmus+, feito que lle posibilita desenvolver proxectos hasta o ano 2027 tanto para formación de profesorado como para mobilidades do alumnado.
Os nosos proxectos acreditados irán acompañados sempre deste LOGO, que foi deseñado por a alumna da escola María Núñez Blanco.
Na Escola Oficial de Idiomas apostamos dende hai moitos anos pola internacionalización e levamos participando en programas europeos desde 1999.
No curso 24-25 estamos desenvolvendo os proxectos:
2024-1-ES01-KA121-ADU000120322: proxecto acreditado do curso 24/25.
Digiraise coordinado pola EOI
Dentro do Programa Erasmus + temos participado cos seguintes proxectos:
2023-1-ES01-KA121-ADU000120322: proxecto acreditado do curso 23/24
Dilemma: neste caso trátase dun proxecto KA-1 de mobilidade educativa das persoas, centrado na formación do profesorado.
Family Learning: asociación de cooperación KA-2 formada por 6 organizacións de 5 países diferentes.
SBlendid: consorcio das EOIs de Galicia co CAFI como coordinador
No Blog ErasmOU+ que se atopa na marxe dereita poderase ver toda a actividade desenvolvida nestes proxectos.