Este curso ofértanse de novo mobilidades en grupo e individuais de longa duración. Pódense consultar as bases da convocatoria e os requisitos de cada mobilidade no ou a través da seguinte ligazón:
Mobilidades Erasmus+ para o alumnado - Curso 2025-2026
O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de decembro de 2025.
Os alumnos Manuel Antonio Barreira Diz e Mª Carmen Abeijón Muñiz fixeron unha inmersión lingüística no Instituto de Educaçao e Cidadanía IEC de Mamarrosa (Oliveira de Bairro - Portugal), asistindo a numerosas aulas en portugués, acompañados polo profesor Rui Ferro dos Santos.
Un grupo de 6 alumnos do departamento de alemán fixeron unha inmersión lingüística na Volkshochschule de Rostock (Alemaña), asistindo a diversas aulas en alemán. Estiveron acompañados polas profesoras Montserrat Gregorio e Carmen Rodríguez.
Un grupo de 4 alumnos do departamento de inglés fixeron unha inmersión lingüística na Lahden Kansanopisto de Lahti (Finlandia), asistindo a diversas aulas en inglés. Estiveron acompañados pola profesora Blanca Sánchez.
Esta mobilidade Erasmus+ en grupo está asociada a un proxecto eTwinning " Roman Footprint Across Borders" que se está a desenvolver durante este curso na escola. O profesorado que o lidera: Nancy Casielles, Patricia Conde e Vania Rodríguez xunto co seu alumnado están levando a cabo diversas actividades.
O proxecto rematará coa mobilidade á cidade de Diyarbakir en Turquía, a un centro educativo co que se está colaborando neste proxecto eTwinning.
Un grupo de alumnos da EOI está en Diyarbakir (Turquía). Este alumnado está participando no proxecto eTwinning “Roman Footprint Across Borders”, proxecto asociado a esta mobilidade e que levan desenvolvendo ao longo de todo o curso. Neste mesmo proxecto tamén participa o centro que agora visitan o Diyarbakır Olgunlaşma Enstitüsü Center.
Nesta ocasión están acompañados por as profesoras Nancy Casielles e Vania Rodríguez.
Desexámoslles a mellor das experiencias e una feliz estancia!
24 marzo
Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
A alumna Antía Iglesias Iglesias comeza a mediados de abril a súa mobilidade de longa duración a Kalamata (Grecia), onde estará ata o mes de xuño. Os nosos mellores desexos para esta estancia ilusionante.
A alumna Nakary Jacqueline Silva Ochoa comeza a mediados de febreiro a súa mobilidade de longa duración a Kalamata (Grecia), onde estará ata o mes de abril. Os nosos mellores desexos.
Comparte connosco unha presentación sobre a súa estancia.
As mobilidades para o noso alumnado esixen unha labor previa por parte do equipo Erasmus+ da Escola Oficial de Idiomas de Ourense. É por iso que cada mobilidade leva consigo unha visita preparatoria da mesma para establecer o programa a desenvolver na estancia do noso alumnado e onde se fixen con claridade todas as actividades e os obxectivos de aprendizaxe de dita mobilidade.
O día 30 do mes de outubro de 2025 tivemos a oportunidade de visitar a Universidade Senior de Rio Maior, no distrito de Santarem, no marco dunha visita preparatoria a este centro para organizar futuras mobilidades do noso alumnado.
Estamos moi agradecidos a Eugenia Reis (Directora) e a Joâo Relveiro pola súa dispoñibilidade a colaborar connosco.
Do 10 ao 12 de novembro visitamos a VHS Volkshochschule de Rostock (Alemaña). Tratóuse dunha visita preparatoria para organizar futuras mobilidades Erasmus+ do noso alumnado.
Damos as grazas a Jörg Otto Czimczick e Julia Bockhahn pola súa hospitalidade e disposición a colaborar connosco.
As profesoras Nancy Casielles e Vania Rodríguez realizaron esta visita preparatoria a Finlandia no mes de xaneiro. Nesta viaxe tiveron a oportunidade de visitar o centro educativo Lahden kansanopisto e coñecer as súas instalaciones. Poideron concretar o perfil do alumnado que participará na mobilidade a este centro no mes de marzo.
Ademáis este ano vamos ser centro anfitrión de mobilidades Erasmus+, feito que da lugar a recibir profesorado en visita preparatoria para organizar o programa da estancia para o alumnado que nos visita.
No marco do proxecto acreditado Erasmus+ (2025-1-ES01-KA121-ADU-000323352) que a EOI de Ourense está a implementar e, coa finalidade de mellorar a competencia dixital da nosa comunidade educativa, dous expertos invitados turcos: Dr. Yunus Emre Avcu e Kemal Yildiz estiveron na escola para impartir un seminario sobre as aplicacións da realidade virtual na aula. Este seminario estivo aberto a todo o alumnado e impartíuse en duas quendas, unha de mañá e outra de tarde.
Ademáis, tamén impartiron na propia EOI un curso para profesores organizado polo CFR de Ourense: "Ferramentas inmersivas de realidade virtual para o esino de linguas estranxeiras".
Queremos agradecer ao Centro Integrado de Formación Profesional A Carballeira - Marcos Valcárcel a colaboración connosco facilitándonos material para levar a cabo este curso.
Agradecemos sinceramente a las estudiantes adultas de la Dirección de Educación Nacional de Ankara su enriquecedora visita de seis días, durante la cual compartieron clases con nuestros alumnos y profesores, descubrieron Ourense y profundizaron su compromiso con las cuatro prioridades de Erasmus+.
También queremos expresar nuestro más sincero agradecimiento al Sr. Alim Ufuk Çerçi por su amabilidad, profesionalidad y liderazgo ejemplar durante toda la visita, lo que contribuyó en gran medida a la fluida coordinación y al ambiente positivo del intercambio.
Asimismo, queremos expresar nuestro más sincero agradecimiento a todos los alumnos y profesores de la EOI Ourense, cuyo apoyo y entusiasmo han hecho de este intercambio una experiencia verdaderamente satisfactoria e inspiradora para todos los participantes.
As profesoras do departamento de alemán Montserrat Gregorio Gregorio e Carmen Rodríguez Alonso fixeron unha formación en Viena (Austria) que tratou o tema da inclusión.
As profesora do departamento de inglés Alicia Del Río Caamaño fixo un curso en Lisboa (Portugal) que tratou o tema da Intelixencia Artificial.
O profesor do departamento de inglés Adrián Domínguez levou a cabo unha estancia de aprendizaxe por observación en Izmir (Turquía).
O profesor do departamento de portugués Xoan Calviño levou a cabo unha estancia de aprendizaxe por observación na Universidade Senior de Río Maior - Santarém (Portugal).
A Xefa de estudos e profesora do departamento de francés Teresa Villar Salgado levou a cabo unha estancia de aprendizaxe por observación en Venecia (Italia).