A Escola de Idiomas de Ourense ven de publicar a primeira Newsletter do proxecto Digiraise: Raising Digital Competence of Adult Education Teachers.
Curso en Balikesir (Turquía)
07 - 11 abril 2025
A Escola Oficial de Idiomas de Ourense xunto con dous centros educativos de Grecia e de Turquía está desenvolvendo o proxecto Erasmus+ DIGIRAISE co obxectivo de mellorar a competencia dixital do profesorado e de converterse nunha escola verde.
Estamos buscando un logo que acompañe este proxecto ao longo de dous cursos escolares. Para participar envía o teu logo antes do 07/02/25. Podes consultar as bases aqui.