Compartirmos convosco este vídeo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia mostrando a través de testemuñas directas de alumnado a EOI de Ourense a importancia que ten o programa Erasmus+ na formación de persoas adultas. O noso compromiso é seguir traballando para que todo o noso alumnado teña a oportunidade de formarse coas mesmas oportunidades.
Un grupo de 10 alumn@s visitou a escola de segundas oportunidades en Kalamata (Grecia) do 13 ao 24 de maio de 2024.
No curso 2023-2024 a alumna Asunción Lorenzo Domínguez levou a cabo unha estancia de longa duración nunha escola en Padua (Italia)
Velaquí o seu diario da estancia no que nos conta ela misma a súa experiencia.
VOLKSHOCHSCHULE KÖLN
No mes de xuño 2024 a asesora de linguas extranxeiras do CFR Ourense Isabel Blanco Pumar realizou unha estancia de observación na VHS Volkshochschule Köln (Alemania). No seu diario da observación comparte connosco o aprendido.
AREADNE LIFELONG LEARNING CENTER - Kalamata (Greece)
No mes de xullo 2024 a directora la EOI Ourense Nancy Casielles e o profesor de portugués Rui Ferro dos Santos realizoron unha estancia de observación na Areadne Lifelong Learning center. Comparten seu diario da observación connosco.