A Acreditación Erasmus+ da EOI de
Ourense conta entre os seus obxectivos co
de converternos nunha escola máis
ecolóxica.
O CEAE da EOI de Ourense organiza o sábado 5 de abril ás 9.00h, se o tempo o permite, unha saida para recoñecemento de aves e flores e instalación de caixas-niño con Antonio Ferreirós.
Anotádevos na conserxería da escola!
Dende CEAE queremos facer algo para axudar a coñecer as nosas aves e as causas que as poñen en perigo.
No corredor do Salón de Actos atoparedes unhas fichas con información sobre algunhas das aves que nos son máis próximas e consellos para paliar a súa situación de risco. Propoñemos unha actividade sinxela (ver aquí) que podedes facer pola vosa conta ou co grupo clase.
Premer aquí para visualizar as fichas das aves
O CEAE da EOI de Ourense organiza un Obradoiro de comedeiros para aves a partir de materiais para reciclar. Na cociña da EOI, o mércores 19 ás 20.00h e o xoves 20 ás 19.30h. Agardámosvos!
O día 27 de xaneiro tivo lugar na EOI de Ourense a charla-coloquio " ᴀᴠᴇꜱ ʏ ᴇɴᴛᴏʀɴᴏ ᴜʀʙᴀɴᴏ: ᴇʟ ʀᴇᴛᴏ ᴅᴇ ʟᴀ ᴄᴏɴꜱᴇʀᴠᴀᴄɪóɴ" con Antonio Ferreirós, ornitólogo da SGHN.
Moitas grazas por achegarnos ao mundo fascinante das aves e darnos algunhas claves para a súa preservación!