Sobre Isabel Zendal en Zalaeta

O IES Menéndez Pidal está situado no mesmo solar no que estaba el Hospicio do que saliu a expedición Balmis e no que Isabel Zendal foi reitora, esta realidade nos da pé a pescudar e xenerou varios proxectos.


Literatura no noso Horto

Os alumnos que participan voluntariamente no Club de Lectura traballaron entre moitas outras dúas lecturas onde quixeron afondar na Ciencia dende as letras. Así comezaron co libro "Los niños de la viruela" de María Solar, Edit. Anaya, no que descubriron a vinculación das vacinas coas vacas pero tamén coas plantas e coñeceron a figura de Isabel Zendal; pero tamén a do doutor Balmis, quen antes de adentrarse no mundo da varíola buscou remedios para a sífilis a través de plantas como a Begonia e o Ágave; plantas que nos rastreamos e estudiamos e levamos ao noso horto. Do mesmo xeito, tamén a autora Ledicia Costas e o seu libro "Verne y las mujeres planta" tivo a súa plasmación real nas flores coas que adornamos a biblioteca e coñecimos e puxemos no noso horto acompañando ás aromáticas, as medicinais do proxecto do ano pasado que tivemos que repoñer en varios casos e as culinarias de primavera onde as fresas, as leitugas e as acelgas son sempre protagonistas.