Xadrez:

8 alumnos e varios profesores asistiron a un obradoiro de xadrez dirixido por un monitor externo da empresa Itinere. Enfocado como obradoiro de iniciación, foi realizado na aula AB para a que se mercaron moitos xogos de taboleiros e pezas.

Esta aula úsase moito nos recreos como aula de lecer, e o que se pretendía era impulsar o xogo recreativo de mesa como alternativa de lecer nos recreos.

Dirixiron a actividade os profesores Fran Soto e Mª Xosé Castro que foi moi ben valorada entre o alumnado.