CONCURSO LUIS FREIRE

e Visita-Obradoiro na DOMUS o 19-06-19


Durante o curso 18-19 o alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a oportunidade de participar no concurso Luis Freire convocado polos museos científicos coruñeses.

Os tres grupos participantes de alumnos e alumnas estiveron coordinados polo profesor Luis Cruz Mahía de Física e Química.

A actividade enmárcase dentro das accións levadas polo Club de Ciencia e Tecnoloxía, que pretenden promover o interese pola ciencia, tecnoloxía, matemáticas e arte de xeito integrado. A difusión da convocatoria entre o alumnado realizouse coa colaboración do profesorado dos departamentos de "Bioloxía e Xeoloxía", "Tecnoloxía" e "Física e Química".