CONFERENCIA-COLOQUIO sobre a relatividade restrinxida de Einstein
O martes 21 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Insdustrial e o de 2º de BACH de Física asistiu a unha conferencia sobre relatividade restrinxida impartida polo exprofesor do noso centro educativo Ramón Vilalta.
O conferenciante é autor do libro publicado no 2018 "Introdución ás relatividades de Einstein".
Na charla esbozáronse as principais características e repercusións prácticas da teoría da relavidade restrinxida vencelladas ao cambio de paradigma na interpretación do significado do espazo e tempo como propiedades dependentes do sistema de referencia. Despois de resumir as características básicas desta teoría o alumnado participou nun coloquio co conferenciante no que se fixeron preguntas relativas ás implicacións desta teoría no mundo físico.
A actividade foi promovida polo Club de Ciencia e Tecnoloxía dentro das accións para achegala e facela máis comprensible ao alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal.
Coordinado por Luis Cruz Mahía de Física e Química.