Tras a escavación realizada nos anos 80, só se podía visitar a zona septentrional, un 20% do asentamiento na zona más alta do monte, delimitada por unha sencilla muralla que rodea unha extensión de terreo con eixes máximos de 700 metros de norte a sur e 300 metros de este a oeste.
Ábrese a porta Norte no seu extremo nordeste cun corpo de garda á dereita. Cara ao extremo meridional, e hoxe non visible por mor da vexetación, ábrese outra porta cun sistema de acceso en ángulo recto.
O sistema de comunicacións no interior da zona setentrional baséase nun camiño de ronda pegado á muralla que rodea as construcións.
Son de pequenas dimensións e adoitan ter planta circular e un grosor de parede medio duns 40 cm. A maioría delas están asentadas nas rochas e os seun muros estarían recubertos dunha masa de cal a area e ata estarían pintados de cores. A parte superior das portas estarían decoradas con espirais ou molinetes.