A Deputación de Pontevedra a nunciou en maio 2018 novas actuacións no xacemento de Santa Tegra e tamén no Facho de Donón, en Cangas, en colaboración con Fomento para revalorizar os xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra.
Periodistas da cadea norteamericana ABC estiveron en A Guarda para gravar unha reportaxe do xacimiento para o programa “Ocean Treks”, que se emite en todos os Estados Unidos.
Hai distintas visitas guiadas regulares que permiten coñecer con máis detalle os promenores do patrimonio construído e inmaterial que esconde o monte. Son gratuitas e non precisan reserva previa, só presentarse no punto de encontro á hora sinalada. Varía horario e duración segundo a época do ano. Tamén se poden concertar visitas guiadas para grupos de 10 persoas mínimo.
Mirador
As visitas descontroladas dun gran número de visitantes e a falta de coñecemento permite que moitos suban aos muros das vivendas e maltraten as restauracións.
Tamén se deberían controlar as romarías que se celebran e que danan o xacemento.
O poboado do Monte Santa Trega foi declarado Monumento Histórico-Artístico o 3 de xuño de 1931.