Unha rede de camiños empedrados e de carreiros homologados como ruta de sendeirismo PR-G 122 Camiños do Trega permite coñecer máis detidamente o Monte. Son un total de sete camiños unidos entre si ata completar unha distancia total de pouco máis de 7 km. Estas sendas permiten contemplar sosegadamente os recursos e valores que o monte esconde.
Na imaxe da esquerda podemos aprezar a ruta que ten o seu inicio e final na Guarda. Desde alí comezamos unha subida paulatina que nos vai permitindo magníficas vistas.
Un dos momentos máxicos é cando se chega ao Castro que alí se conserva. Tamén alí mesmo asistimos ao espectáculo do estuario do Miño con terras portuguesas na beira do fronte como testemuñas. Subimos ao monte O Facho e ao Pico de San Francisco onde se atopa a ermida de Santa Trega, seguimos ata o cume do Trega, e desde onde a paisaxe é espléndida coa confluencia das augas do Miño co Atlántico e o forte de Moledo ao lonxe.
Xa descendendo, desde distintos miradoiros seguiremos contemplando a perfección da natureza nestas paraxes. Pasamos por Camposancos e atopámonos de cheo co río Miño. Despois xa será a paisaxe marítima o que toma o relevo, con preciosas praias e o mar á nosa esquerda.
A través dunha pasarela de madeira chegaremos á A Guarda.
Roteiro ao redor do monte de Santa Trega.
Exemplo de carreiro que leva ao monte
Vistas aéreas do monte de Santa Trega
De obrigada visita: A ermida de Santa Trega
No pico de san Francisco sitúase a ermida de Santa Trega.
Posiblemente a monxa Exeria tras regresar da súa peregrinación por Oriente, introduciu a devoción pola Santa entre os ermitáns do Baixo Miño na Alta Idade Media.
Aínda que a existencia dunha ermida está documentada xa no s. XII, foron as reformas e ampliacións do s. XVI e XVII as que lle confiren o seu aspecto actual.
Escavacións realizadas en 1994 permitiron descubrir varios sepulcros visigodos que evidencian a relixiosidade do lugar.
Vistas do interior da ermida
Retablo restaurado en 1994 que amosa a San Pablo de quen a santa era discípula