Conta a lenda que no século XV o monte de Santa Trega enfrontábase a unha forte seca moi longa. Os habitantes xa non sabían que facer para que volvera a chover.
Un día, a unha rapariga que estaba a durmir debaixo dunha pedra aparecéuselle Santa Trega,e díxolle que para parar a seca todo o pobo tiña que facer unha procesión ata a rocha onde estaba a durmir e logo facer tres días de xaxún.
Ninguén se negou e pouco máis tarde todos estaban facendo o que lles mandara Santa Tegra. Un día e medio despois de terminar o xaxún regresaría a choiva e, como mostra de agradecemento e devoción cada ano volveuse repetir a procesión máis construíron un santuario e nomearon ao monte co nome da santa.
Pedra onde supostamente apareceu a santa.