Desde o recoñecemento do castro a principios do século XX, creouse unha sociedade Pro-Monte de Santa Tecla que acometeu unha serie de obras de acondicionamento do espazo ocupado polo castro e unha ermida próxima.
Xa en 1914 empezaría a primeira campaña de escavacións á que sucederon outras catro ata a actualidade, dando lugar a numerosisimos achádegos, expostos no museo construído para albergalos: o MASAT
O MASAT
Na primeira etapa atoparon gravados rupestres e petróglifos, símbolos gravados en rochas, teñen formas xeométricas, entre as máis coñecidas están a Laja Sagrada ou Laja del Mapa, situada na parte alta do monte composta por varias espirais, liñas paralelas e círculos concéntricos.
Petróglifos atopados no castro
ACHÁDEGOS MÁIS IMPORTANTES
Atopáronse gran cantidade de restos cerámicos feitos a man nun torno e feitos con pastas escuras, común nos castros galaicos.
Os achádegos metálicos, pouco abundantes, foron caldeiros, coitelos de lámina plana de bronce que formaban parte do aguar doméstico dos habitantes deste castro.Tamén encontraron pezas de xoiería como os torques en chapa de ouro, colgantes de bronce de formas variadas e restos de pulseiras, aneis e brazaletes de bronce.
Os restos de armamento redúcense a unhas cantas puntas de dardo de ferro, dous regatóns de bronce, un puñal romano de ferro e unha espada con folla de ferro, estas dúas últimas semellan máis elementos decorativos de distinción social que armas propiamente ditas.
Tamén habería que sumar a desaparecida pequena de bronce que representaba a Hércules que foi roubada en 1970.
obxectos atopados en diversas escavacións e expostos no MASAT
Na nova escavaciónentre os anos 2015-2016 atopouse unha cabeza pétrea que data de hai máis de 2000 anos; , ánforas romanas, lucernas romanas pezas de Terra Sigillata, e múltiples fragmentos de labras decoradas .