Un dos maiores castros encontrados en terras galegas. Conta cun pequeno museo arquelóxico, o MASAT (museo arqueolóxico de Santa Tegra) pero o que máis chama a atención son as vistas cara a desembocadura do Miño, Portugal, O Val do Rosal e o Óceano Atlántico que son abraiantes.
As súas pendentes naturais servían de defensa pero tamén conta con terras cultivables e zonas de pesca que facilitaban a alimentación dos seus cidadáns.
O castro foi ocupado entre os s.I a.C e s.I d. C. nun período no que o proceso de romanización do noroeste xa estaba comezando, a pesar diso no castro se observan moi poucas marcas de romanización.
O castro como tal foi descuberto no ano 1912 aínda que xa 60 anos antes se atopara unha figura de Hércules o que fixo que na segunda metade do século XIX as ruínas comezaran a ser valoradas na súa xusta medida.
O xacemento de 20 has. data as súas orixes no secúlo IV a.C. Alcanzou o seu grado máis alto de desenvolvemento nos séculos.I a.C a I d.C, no cambio de era.
Tiña aproximadamente de 3500 a 5000 habitantes dos que sabemos que estaban dedicados sobre todo á agricultura,gandería, pesca e ao marisqueo.
Os campos de cultivo estaban a un quilómetro do forte, aínda que a fotografía aérea mostrou áreas nas terrazas da montaña que tamén se usaban para o cultivo.
Nestas imaxes podemos aprezar os restos das vivendas do castro de Santa Trega e unha das súas casas reconstruídas.
O castro foi abandonado no século I d.C coincidindo coa reforma da dinastía Flavia.
Ese lento proceso de abandono puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais na época tardorromana, é dicir, sobre o século IIId.C.
Nesta época o director do traballos de escavación datou o ocupamento do castro desde a Idade de Bronce ata o século II d.C. Atoparon gravados rupestres que datan a presenza humana hai 2.000 anos e tamén petroglifos.
O catedrático da Universidade de Valladolid, Cayetano de Mergelina dirixiu, utilizando os máis avanzados métodos da época, unha serie de campañas arqueolóxicas centradas, principalmente, na ladeira oriental poñendo ao descuberto gran cantidade de vivendas e outros edificios.
En 1945 publicou o resultado dos seus traballos nun estudo titulado "La citania de Santa Tecla. La Guardia (Pontevedra)" no que datou o poboado cunha ocupación desde o século IVa.C ata o II d. C., cunha nova ocupación no século V, e atribuíulle aos seus habitantes unha natureza de orixe celta.
Plano debuxado polo director desta escavación, o profesor Mergelina.
Aínda que o castro fora declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 foi totalmente abandoado ata o ano 1979 no que serealizan traballos de limpeza e consolidación de estruturas promovidos polo Ministerio de Cultura.
No ano 1983, coa colaboración económica da Xunta de Galicia e o concello da Guarda, o arqueólogo Antonio de la Peña Santos dirixiu un equipo do Museo de Pontevedra iniciando un novo período de escavacións sistemáticas. Esta etapa centrouse na esquina setentrional do poboado.
As estruturas descubertas nestas campañas e nas anteriores foron consolidadas neses mesmos anos. Desde o ano 1988 non se realizaron máis traballos arqueolóxicos e na actualidade están pendentes novas actuacións prometidas con anterioridade.
Entre os anos 2015 e 2016, tras unha nova escavación no asentamiento realizada pola Deputación de Pontevedra, apareceron novos achádegos.