Dolmen de Dombate
Monumento megalítico situado na parroquia de Borneiro no concello de Cabana de Bergantiños, na mesma parroquia que o castro. É un monumento neolítico catalogado como unha tumba colectiva de corredor e está considerado como a catedral do megalitismo galego.
Foi construído na primeira metade do IV milenio a.C., e foi usado en diferentes épocas, entre o 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C., momento no que se clausura o monumento.
Aspecto de Dombate antes das escavacións e logo dos traballos arqueolóxicos pero antes da museización
Dombate protexido para a súa conservación
No interior destacan as punturas, os gravados e a colección de idoliños á entrada do corredor
En 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizou o monumento no seu poema Queixumes dos pinos
Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.
Igrexa de San Xoán de Borneiro
Igrexa de tipo rural construída no século XVI con reformas do XVIII en estilo barroco. Planta sinxela con presbiterio e nave rectangular e pequena sancristía adosada ao muro norte. A cuberta é a catro augas e os muros de perpiaños de granito. A fachada remata cunha torre espadana na que se abren dous ocos de medio punto para as campás e no cumio unha cruz franqueada con dous pináculos. No interior conserva un retablo barroco do segundo terzo do século XVIII.
Rego dos Muíños
É unha ruta turística que consta de 5.3 Km, e localízase no concello de Cabana de Bergantiños. Un percorrido a carón do río salpicado de 24 muíños.
Mirador da Fernandiña
Mirador sitiado a 380 m. de altitude desde o que se divisa a desembocadura do río Anllóns e parte da ría de Corme e Laxe coas dunas da Barra, o Monte Branco e, ao fondo, o cabo do Roncudo.
Mirador das Grelas
O mirador das Grelas está situado en Cabana de Bergantiños. É unha pequeña área de descanso con especatculares vistas sobre o estuario do ría Anllóns
Este espazo natural converteuse nun hábitat dunha particular vexetación, así como, dunha apreciable representación de colonias de aves que poboan o estuario durante todo o ano. É un dos complexos litorais máis destacados de España, en riqueza, variedade e singularidade de especies de flora e fauna, algunhas en perigo de extinción. Forma parte da Red Natura 2000 Europea.