CANCIOEIRO POPULAR
As cantigas que damos a continuación, algunhas das coales xa pubricamos na revista Nós, foron recollidas antre os operarios das escavacións da “Cidá”; por esta razón, algunhas fan referencia a elas ou a operarios que n-elas traballaban, coma as que levan os númaros 7, 25, 26, e 32, sendo improvisadas no momento de nolas cantar.
1.- Ai, que pereira tan alta,
enriba ten mil enredos;
os mozos, cando pretenden,
nunca tén os ollos quedos.
2.- Aquel que anda no baille
vai poñendo no sombreiro,
vai fumando no cigarro,
pode fumar bieiteiro.
3.- As nenas de Vilaseco
todas xuntas n-unha eira,
unhas cantan, outras bailan,
outras andan á xaneira.
4.- As vellas do meu lugar
levan un ruido armado,
por causa de unha galiña
que quixo montar un galo.
5.- Costureiriña bonita
a tua agulla picoume;
como eras bonitiña
a picada consoloume.
6.- Costureiriña bonita
dime donde tel-a cama.
– Na orilla da lareira
antre un mendiño de palla.
7.- Dailles gracias aos señores
por nos poñer no retrato:
vinte e dous traballadores
e iles dous, vinte e catro.
8.- Deixádevos de porfías,
cantade e non seás tolos,
que na casa do Remixio
hai unha cama pra todos.
9.- En Borneiro hai boas mozas,
en Vilaseco a flor de elas,
en Dombate son chorosas
e no Briño micaelas.
10.- Eres un gran paspiñeiro,
dequeridor do alleo;
roubas trigo, millo e fabas,
arxo, areas e centeo.
11.- Eu xa estuven en Borneiro
cocendo toda a semana;
vin escapal-os piollos
ca fame pol-a ventana.
12.- Foche cocer a Borneiro,
quedouche moi mala fama,
que roubaches sete mantas
c-unha funda de unha cama.
13.- Fun ó muiño con Paula,
fun ó muiño con ela;
fun ó muiño con Paula,
fun en paz e vin en guerra.
14.- Miña nai dádeme a cea
que quero ir ver a Carmela,
que hai moito que non-a vin
e xa toleo por ela.
15.- Miña nai tiraime a cea
si querés que vol-a coma:
teño que ir ver unha nena
antes que se a lua poña.
16.- Moito liño fai aresta,
moito fiado fai pano;
o que ten a muller vella
ten bacalao todo o ano.
17.- Mozo que estabas na porta
c-unha man na faltriqueira:
o que ven pra namorar
non se pon de esa maneira.
18.- Múi muiño, múi muiño,
bótame a fariña fora,
que a filla da muiñeira
ten un andar que namora.
19.- No lugar de Vilaseco
hai unha pedra picada,
para se sentar os mozos
cando vén da foliada.
20.- No muiño donde eu moio
tamén moi unha señora;
chégalle o gran, queridiña,
chégalle o gran que non roia.
21.- O caravel cando nace,
medra pol-as catro esquinas;
o amor, cando pretende,
non conta senón mentiras.
22.- O muiño no-é muiño,
que é a capilla dos ratos,
donde se daban os bicos
e mail-os moitos abrazos.
23.- Onde hai rapaces, hai bulla,
onde hai mozos, alegría,
onde hai dous vellos na casa,
roñan, roñan todo o día.
24.- O que non canta nin baila,
a que vai á foliada?
Daprender catro mentiras
para contar de chegada.
25.- O que podemos decir
dentro de catro chavolas:
que non atopamos mais
que uns anacos de cazolas.
26.- Os mineiros da “Cidá”
todos son unha pandilla;
nunca pensaron que houbera
mineiros na Cagalliña.
27.- O traballo da “Cidá”
háse de pór nos diarios
pra que veñan vel-as fincas
de istes nosos propietarios.
28.- Pesca rabuda
da beira do mar,
chégate aiquí
que te quero papar.
29.- Por aiquí vai o camiño,
por aiquí vai o carreiro,
por aiquí ha de pasar
todal-a flor de Borneiro.
30. Rego arriba, rego abaixo,
eu e mail-a miña moza,
rego arriba, rego abaixo,
armámol-a nosa roza.
31.- Saralala estaba mala,
veulle o sol pol-a ventana:
– Erte, Saralala, erte;
– Non podo que estou moi mala.
32.- Si os señores son conformes,
eu quero vel-o retrato,
solo por ver a Prudencio
como sai arrodillado.
33.- Si tí queres e eu quero,
quen nol-o ha de privare,
de facel-a cama xuntos
para mañán madrugare.
34.- Tel-a camisa ben branca,
bueno a quen cha lavou;
tua nai no lavadoiro,
canto xabrón lle botou.
35.- Viva Borneiro e Dombate,
Vilaseco e Fontefría,
que eran as catro partidas
donde eu me adivertía.
1933
NOTAS ETNOGRÁFICAS DA PARROQUIA DE BORNEIRO
Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, VII, 1938, 1-21
O tomo VII de Arquivos do SEG non chegou a circular. Este artigo publicouse logo en castelán, co título "Notas Etnográficas de la parroquia de Borneiro", no BCMO, XIII(III), xaneiro-xuño 1942, 183-203.