I FESTIVAL AUDIOVISUAL

OSOliño FILMS nace no curso 2019-2020, como proxecto educativo desenvolvido na materia de Cultura Audiovisual.



A nosa mirada estaba posta nun festival audiovisual presencial, que se ía a celebrar en maio no Auditorio de Cangas. Contabamos coa participación doutros institutos da península do Morrazo como o IES as Barxas ou o Paralaia, pero a nova realidade chega, e pon freo a este proxecto no medio da rodaxe , algúns grupos xa tiñan terminado a súa primeira escena.


O recurso utilizado é o móbil , tan pouco estimado e mesmo demonizado na educación serviunos: para editar , gravar, crear foleys, editar o audio, pero sobre todo para comunicarnos e seguir en contacto por WhatsApp, creando grupos por aula, e por proxectos en conxunto entre alumnos e alumnas ou entre profesorado e alumn@s. Traballando , animándo e colaborando en videocreaciones ou videoclips .

No proxecto podemos atoparnos desde películas de terror , curtas de resistencia ou videocreacións realizadas en colaboración coa súa familia para celebrar o fin do confinamento, esperamos que os traballos sexan do voso agrado.




Avanti curtas !!!! O que vedes nesta web é unha pequena selección dos traballos feitos en cuarentena. https://luzbelos.wixsite.com/cronicasdecorentena/festival