1 TAREFA-16-20 MARZO.

CREANDO MEMES #EuFicoNaCasa #QuedaNaCasa

"O MEME ": O meme provén dun concepto desenvolvido por Dawkins, un biólogo evolucionista, o cal expuxo que as ideas culturais cópianse e transmiten entre as persoas, do mesmo xeito que se transfiren os xenes dunha persoa a outra.

Hoxe en día os memes son imaxes acompañadas dun texto curto que compoñen unha frase orixinal e cuxo fin é expresarse para chegar á maior cantidade de audiencia posible.

Analizando este concepto e a forma en como se difunden, atreveriámonos a dicir, que os memes compiten entre eles co fin de capturar un espazo na nosa memoria .

Os memes son unidades do pensamento cargados de CREATIVIDADE que mostran estruturas de reflexión, é importante identificarse co sentir e pensar dunha sociedade.

TAREFA #EuFicoNaCasa

  1. Facer unha análise do tempo que nos toca vivir . Para chegar a una “frase orixinal” e unha imaxe misturando creatividade, sentimento e humor. Isto require de enxeño e inventiva demostrando que un pode expresarse facendo criticas da realidade sen chegar á discriminación, bullying ou falta de respecto.

  2. Trátase dun autorretrato , unha foto do teu día a día , facendo o que máis che gusta , unha imaxe cotiá e fermosa para animar á xente a ficar na súa casa

  3. Engadirlle unha frase de ánimo simpática

Eu déixevos aquí un exemplo , e como o prometido é débeda , a da foto son eu.

LEMBRA: subir o meme o teu Blogue este VENRES , xunto coa ligazón do meme gardado na túa carpeta de drive

Sodes exemplo , demostrade que entre todos e todas podemos esmagar a curva do coronavirus .


  • CURIOSIDADES