TAREFAS

TAREFA 1

Despois de ler e resumir o BLOQUE 2.... imos facer unha curta Low cost ( ver vídeo).

Para calquera dúbida , tedes o meu teléfono . Estou sempre dispoñible no noso horario lectivo habitual .

RECURSOS:

    1. POWER DIRECTOR

Gratuita con limitacións , ten unha pequena marca de auga e exporta en 720.En contra para comprala é por subscrición.Vantaxes: permite manipular o audio en varias capas, un editor moi parecido á súa versión de computador, con moitas posibilidades.
  1. FILMORA.

Tamén con versión de pago e gratuíta.O logo sae ao final, o que nos permite aproveitar as partes sen marca de auga, exporta en hd na súa versión gratuíta.
  1. YOU CUT

Doulle un 10, comparte en 1080 , manipulación de son e voz en off. Ten tres capas de audio, de sinxelo manexo e moi intuitivo, rápido ao exportar e sen marca de auga.


  • Música libre de dereitos para o noso video : ver ligazón

  • E unha gran variedade de imaxes para a nosa curta , na seguinte ligazón . GRATIS e libres de dereitos .



Unha curta na miña casa

Dado que temos que ficar na casiña, imos realizar unha pequena curtametraxe low cost. Non necesitamos actor@s , nin cartos, só imaxinación . (traballo INDIVIDUAL)

"EU FICO NA CASA"

PASOS A SEGUIR :

  1. Escribir un GUIÓN (LITERARIO Ou TÉCNICO) sobre o VÍDEO DE PRODUCCION PROPIA que ides realizar (5 páx. aprox.) •1a páx: título,curtametraxe, autor

  2. Tamén ADMITO :story Board

  3. Realizar un vídeo de PRODUCIÓN PROPIA (INDIVIDUAL)

  4. De entre 1 e 5 minutos de duración

  5. Debe levar título ao principio e títulos de crédito ao final

  6. Debe conter algún elemento propio da Linguaxe Audiovisual:

  7. Efectos de transición (poucos)

  8. Representación do espazo e tempo fílmicos (efecto Kuleshov, ralentiz. acelerac., etc.)

  9. Optativo : O do croma témolo moi difícil , pero lembrade , con imaxinación pódese!!! , Exemplo , podedes aplicar algún truco tipo George Melié (low cost sempre)

TEMPO : subir o DRIVE o 27 de marzo.