A NARRACIÓN EN MOVEMENTO

"CURTAS CONFINADAS" EXERCICIO, OPCIÓN A , do 29 Abril ao 15 de MAIO

CREACIÓN DUNHA CURTA CONFINADA

1º PASO - ver estes superconsellos de Xacobo de Toro para filmar co noso móbil

VER os SUPER CONSELLOS DE OLLOBOI con Miguel de Lira

Dado que temos que ficar na casiña, imos realizar unha pequena curtametraxe low cost. Non necesitamos actor@s , nin cartos, só imaxinación . (traballo INDIVIDUAL)

PASOS A SEGUIR :

  • Escribir un GUIÓN (LITERARIO ou TÉCNICO)

  • Story Board

  • De entre 1 e 5 minutos de duración

  • Efectos de transición (poucos)

  • Un mínimo de 20 planos variados e algún plano imposible.


RECURSOS:

    1. POWER DIRECTOR

Gratuita con limitacións , ten unha pequena marca de auga e exporta en 720.En contra para comprala é por subscrición.Vantaxes: permite manipular o audio en varias capas, un editor moi parecido á súa versión de computador, con moitas posibilidades.
  1. FILMORA.

Tamén con versión de pago e gratuíta.O logo sae ao final, o que nos permite aproveitar as partes sen marca de auga, exporta en hd na súa versión gratuíta.
  1. YOU CUT

Doulle un 10, comparte en 1080 , manipulación de son e voz en off. Ten tres capas de audio, de sinxelo manexo e moi intuitivo, rápido ao exportar e sen marca de auga.
  1. EDICIÓN CON OPENSHOT

  • Música libre de dereitos para o noso video : ver ligazón

  • E unha gran variedade de imaxes para a nosa curta , na seguinte ligazón . GRATIS e libres de dereitos .

VER LIGAZÓN CON MÁIS RECURSOS : http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizador-1/VisualizadorCS/VisualizarDatosNavSecuenciaNodo.do?identificador=es-an_2018122512_9172930&idSeleccionado=ITEM-eXe819_01_v015720b2a223fb4542c89


VER EXEMPLO , dunha curta , xenial e como único escenario o cuarto de baño