TAREFA 3 -(30marzo-13Abril)

EL OLIVO

Reflexión:

"A pandemia do coronavirus paradoxalmente xeroulle un respiro ao planeta. A parálise industrial en países como China, a redución do número e a frecuencia de voos entre distintos destinos, así como do tráfico vehicular interno e o peche obrigado no que se atopan miles de persoas en varias cidades do mundo, permitiron que se reduza o nivel de emisións de gases de efecto invernadoiro"...LER MÁIS

E precisamente de sustentabilidade e ecoloxía fálanos a seguinte película para ver antes de realizar a tarefa .

"El olivo" , é unha fermosa historia para os que cremos que un mundo mellor é posible. Unha auténtica xoia da arte audiovisual dirixida por ICIAR BOLLAIN con 4 nomeamentos e un premio Goya.



PROPOSTA DIDÁCTICA ( ver vídeo)

  • CREACIÓN DUNHA ANIMACIÓN STOP MOTION DE POLO MENOS 1 MINUTO COA IDEA DE SUSTENTABILIDADE


“En ecoloxía, Sustentabilidade describe como os sistemas biolóxicos mantéñense diversos, materiais e produtivos co transcurso do tempo. Refírese ao equilibrio dunha especie cos recursos da súa contorna. Por extensión aplícase á explotación dun recurso por baixo do límite de renovación do mesmo.”


VER TITORIAL


PERO... COMO O FAGO:

APP RECOMENDADA PARA traballar o STOP MOTION (STOP MOTION STUDIO)

Podemos realizar a nosa animación con calquera material xa sexan cartolinas, plastilina, papel vexetal, obxectos que teñades por casa , recortes. Non existe límite para a vosa creatividade.

❖ Crea un escenario .Coida a iluminación.

❖ Fixa o teu cámara cun trípode , podes improvisar un, ver LIGAZÓN.

❖ Realiza suaves movementos e saca fotos con coidado de non mover a cámara. Para conseguir un mínimo de movemento fluído, con 9 fotos por segundo xa obtés o ansiado movemento.

Exporta en formato Mov.

IMPORTANTE: A música da túa videocreación ten que ser libre. DESCARGAR EN LIGAZÓNS.


ENTREGAR O 13 DE ABRIL MEDIANTE WETRANSFER O ENLACE A DRIVE A:

luzbelos@gmail.com