2 tarefa 23marzo-6abril.

VÍDEOCREACIÓN CON STOP MOTION STUDIO #TodoVaiSairBen

Bo día a todxs

Esta nova actividade , consiste en realizar unha vídeo- creación coa técnica do stop motion co lema " todo vai saír ben¡".

APP RECOMENDADA PARA STOP MOTION (STOP MOTION STUDIO)

Podemos realizar a nosa animación con calquera material xa sexan cartolinas, plastilina, papel vexetal, obxectos que teñades por casa , recortes. Non existe límite para a vosa creatividade.

❖ Crea un escenario con todo o necesario. Coida a iluminación.

❖ Fixa o teu cámara cun trípode , podes improvisar un, ver LIGAZÓN.

❖ Realiza suaves movementos e saca fotos con coidado de non mover a cámara. Para

conseguir un mínimo de movemento fluído, con 9 fotos por segundo xa obtés

o ansiado movemento.

IMPORTANTE: A música ten que ser libre de dereitos ou de produción propia , aquí déixovos dúas ligazóns a música que podedes descargar para os vosos proxectos:

Para rematar , expórtao en formato vídeo e compárteo no teu blogue de AULA , e no DRIVE , enviame a ligazón co teu NOME , APELIDOS e CURSO o por WETRANSFER a luzbelos@gmail.com

Facede algo realmente fermoso, que reflicta : cor e ilusión , lembrade que o vou a compartir no Instagram @ somosarteducacion ou no canle de you tube OSOliño FILMS.

Que vos parece organizar un festival ONLINE ?


A mensaxe da nosa videocreación ten que estar inspirada nó arco da vella #TODO VAI A SAÍR BEN

Ten que durar 56 segundos mínimo.


Aquí queda un titorial de produción propia , para esta actividade tedes dúas semanas , irei respondendo as vosas dúbidas sobre a tarefa e o proceso creativo, desde a historia que queredes contar , ao escenario ,etc.

Sempre durante horario escolar nos nosos grupos de wassap.

Data de entrega: 6 de ABRIL