TAREFA 1 -(16-20marzo)
Anímote a realizar un autorretrato poético e transformalo nun elemento ou figura que che defina a modo de metáfora, quen es en realidade?
Estes días en casa pódennos servir para reflexionar , quen son e que quero da vida .
Eu desafíovos a facer unha minicreación de apenas uns 9 sinxelos debuxos como os que tedes debaixo realizados co móbil , pero que tamén podedes cambiar por papel e poñer un por riba doutro sobre a xanela para ver o debuxo anterior .
Mira máis aló do simple envoltorio no que se basea a nosa aparencia exterior. Crea unha metáfora animada para entender como es , coa app "animation desk"
A súa descarga é gratuíta para Android e para IOS.
Descobre o animador que levas dentro!.
LIGAZÓNS APP
play.google.com/store/apps/details?id=com.kdanmobile.android.animationdeskcloud
https://itunes.apple.com/es/app/animation-desk/id946346179?mt=8
Ao terminar a túa animación terala en formato vídeo, se queres podes convertela nun gif , para iso utilizaremos :
https://giphy.com/create/gifmaker
Observa este exemplo para inspirarte, http://gph.is/2gDrESE esta aloxado na plataforma GHIPY onde podes colgar os teus gifs e compartilos .