Aberto primeiro prazo de alta nas EXTRAESCOLARES do 15/06/26 ata o 12/07/26
**Iremos ampliando a oferta de actividades ao longo do curso escolar, polo de agora temos estas.
Estas actividades realizaránse fóra do CEIP Mosteirón, o alumnado deberá ser levado e recollido de manera particular.
A inscrición nestas actividades será xestionada directamente polos clubs/provedores do servizo, tendo que poñerse en contacto con eles para formalizar a inscrición.
Ser membro do ANPA ofrécenos bonificacións na cota destas actividades (estas bonificacións xa están reflectidas nos prezos indicados a continuación).
Iremos ampliando a oferta de actividades ao longo do curso escolar, polo de agora temos estas.
A inscrición nas actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar levarase a cabo poñendose en contacto co proveedor da actividades correspondente (podeo consultar na sección Actividades Fora do Centro).
🛑 Finalización das actividades FORA do Centro Escolar
A finalización nas actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar estará marcada po lo proveedor da actividade.
💰 Pagos e xestión das actividades FORA do Centro Escolar
A xestión das inscricións, os pagos, as baixas ou modificacións das actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar levarase a cabo a través do proveedor da actividade (podeo consultar na sección Actividades Fora do Centro).
🚨 Importante das actividades FORA do Centro Escolar
Non se poderá ter beneficios e descontos en actividades fora do centro sen ser socio/a do ANPA.
🥋 TAEKWONDO: Unha arte marcial que mellora a coordinación, a disciplina e a autoestima a través do xogo e o movemento.
💪 Trabállanse valores como o respecto, a constancia e o control emocional mentres se fai exercicio de forma divertida.
🧘♀️ Actividade física completa que reforza corpo e mente, adaptada a cada idade e nivel.
🔥 Únete e disfruta dunha actividade saudable, dinámica e chea de enerxía!.
HORARIOS: Martes e/ou Xoves 16.00 - 17.00h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 18€
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 23 €
Actividade ofrecida polo Club de Taekwondo Sada. Dará comezo no club en Outubro.
🤸 PARKOUR: Unha actividade dinámica que combina movemento, axilidade e superación de retos físicos de forma segura e divertida.
🏃♀️ Mellora a coordinación, o equilibrio, a forza e a confianza a través de saltos, desprazamentos e xogos en circuítos adaptados.
🔥 Fomenta o esforzo, o control corporal e o respecto polos compañeiros nun ambiente motivador.
💥 Apúntate ao parkour e aprende a moverte como nunca antes!
HORARIOS: Mércores e/ou Venres 16.00 - 17.00h.
IDADES: 6°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 18€
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 28 €
LUGAR: Avda. Sada y Contornos, Num. 2, 15160 Sada.
Actividades ofrecidas polo Club de Taekwondo Sada. Dará comezo no club en Outubro.
🤸 HÓCKEY PATÍNS/PATINAXE: Unha actividade emocionante que combina patinaxe, habilidade e traballo en equipo nun entorno dinámico e divertido. Facilitan todo o material preciso, patíns, proteccións, sticks... pódese ir un día a probar sen compromiso. Non é preciso saber patinar, aprenderán alí mediante xogos e circuitos.
🛼 Os nenos e nenas melloran a coordinación, o equilibrio e a resistencia mentres aprenden a controlar o xogo sobre rodas.
🤝 Fomenta o compañeirismo, o esforzo e o respecto a través do deporte.
🔥 Únete ao hóckey patíns e vive a velocidade, o xogo e a diversión sobre catro rodas!
HORARIOS: Martes e/ou Xoves 17.00 - 18.30h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 20€
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 25 €
LUGAR: Pavillón Arsenio Iglesias. Praza Arsenio Iglesias 6, 15179 Oleiros.
Actividade ofrecida polo Club Hockey Oleiros. Dará comezo en Setembro.
🏊 NATACIÓN: Unha actividade completa que mellora a coordinación, a resistencia e a seguridade no medio acuático.
💧 Aprenden a nadar ou perfeccionan estilos mentres se divirten e gañan confianza na auga.
🧠 Fomenta a disciplina, o autocontrol e hábitos de vida saudables.
🌊 Apúntate á natación e mergúllate nun deporte cheo de beneficios!
HORARIOS Grupo EI: **En canto esten disponibles publicaremos os horarios.
HORARIOS Grupo EP: **En canto esten disponibles publicaremos os horarios.
PREZO MENSUAL: **En canto esten disponibles publicaremos o prezo.
LUGAR: Piscina Municipal de Sada. Ctra. de Samoedo, s/n - 15160 - Sada.
Actividades ofrecidas polo Piscina Municipal Sada. Soen comenzar en Outubro e a preinscripcion en Setembro, os iremos informando.
🎨 PINTURA: Un espazo onde poden dar renda solta á súa imaxinación a través das cores e as formas.
🖌️ Desenvolven a motricidade fina, a concentración e a expresión emocional mentres se divirten creando.
🌈 Experimentan con diferentes técnicas e materiais, descubrindo o seu propio estilo artístico.
✨ Apúntate e deixa voar a túa creatividade nun ambiente relaxado e inspirador!
HORARIOS:
Mércores de 18:15 - 19:15 h.
IDADES: 5°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 16 €
Actividade ofrecida por La Escuela del Arte (Sada). Para mais informacion non dubides en poñerte enb contacto con eles.