Actividade sobre enfermidades que afectan ao sistema respiratorio
Nesta actividade cada un/unha de vosoutros/as buscaredes información sobre unha das seguintes enfermidades:
Rinite - Carla
Sinusite - Gemmis
Amigdalite - Sheila
Difteria - Zahíra
Farinxite e larinxite - Uxía
Cancro de larinxe - Maruxa
Arrefriado - Camila
Gripe - Óscar
Bronquite - Aiti
Asma - Sofía
Neumotórax - María
Pleuresía e derrame pleural - Martín
Sarcoidose - Pablo C.
Fibrose pulmonar e fibrose quística - Yanina
Silicose e asbestose - Pablo P.
Enfermidade obstrutiva crónica (EPOC) e enfisema - Mela
Tuberculose - Mateo
Tose ferina ou coqueluche - Paula
Pneumonía - Samuel
Embolia pulmonar - Lucía
Edema pulmonar - Julia
Cancro de pulmón - Carmen
Apnea do soño - Xabi
Puntos a tratar: causas, síntomas, diagnóstico e tratamento. A maiores podedes engadir algunha información que vos pareza importante.
Formato de entrega: este traballo será exposto oralmente, polo que teredes que entregar unhas diapositivas visuais, con bastantes imaxes. Recordade que ten que estar en galego, que debe figurar o voso nome na primeira diapositiva e que tedes que indicar a webgrafía na última. Tedes que compartir o documento que fagades a sucio e as diapositivas dende o primeiro día para que vos poida ir guiando.
Páxinas con información completa: MayoClinic, MedlinePlus e cdc.gov