Dende Galeno, o insigne médico do século II d.C., críase que o movemento activo do corazón era a diástole, é dicir, cando o corazón expándese, enchéndose de aire procedente dos pulmóns, segundo críase enton. Leonardo foi o primeiro en comprender que o movemento activo do corazón non é a súa expansion, senón a sua contracción durante a sístole, que expulsa o sangre cara os vasos sanguíneos. Dito movemento coincide, como observou Leonardo, co pulso e coa percusión do corazón sobre a parede torácica.